O deputado Daniel Castro instou á Xunta de Galiza cumprir cos acordos co Concello de Foz para a execución das obras urxentes e garantir a seguridade portuaria
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024. O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, preguntou na Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, sobre a mellora do pavimento no entorno portuario do concello de Foz. Castro demanda á Xunta de Galiza mellorar o firme e pavimentación dos espazos portuarios e que se efectúe canto antes a adecuación da sinalización dos límites de velocidade e de uso de embarcacións de recreo no entorno portuario
A circulación en todo o traxecto no entorno da explanada portuaria, cara ás instalacións do Clube Kayak, “ten o firme moi deteriorado” sinalou. No verán de 2022, o Goberno local de Foz instou a Portos de Galiza á súa mellora.
Informado Portos de Galiza pola Concellería do Mar, resolveu tapar as fochancas provisionalmente. O BNG de Foz presentou novamente unha proposta no pleno municipal en 2023 onde Partido Popular de Foz asegurou que Portos tiña “o asunto enriba da mesa”.
Pese a esta afirmación, Castro salientou que “os focegos e as focegas seguen á espera de acondicionar debidamente este espazo de uso cotiá”. Alén disto, recentemente, en marzo de 2024, o agora xa confirmado Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, anunciou que investirá 263.000 euros en obras de mellora dos pavimentos das dársenas autonómicas da comarca da Mariña ao longo deste 2024, “pero novamente non inclúe á de Foz”. Castro criticou que “poderíamos ir de ano en ano saltando de acordo parlamentario incumprido en acordo parlamentario incumprido”.
A mesma situación de desleixo repítese con outras instalacións portuarias de Portochico. O deputado nacionalista lembrou que hai xa oito anos que o Parlamento galego “acordou por unanimidade” a execución de obras urxentes para garantir a seguridade, o calado e o aumento de prazas de atraque nese porto, “e nada se fixo aínda”, neste caso hai tamén un anuncio sen orzamento de que se van realizar agora, mais novamente sen avances.
Hai outras iniciativas para a mellora da seguridade no espazo non se contemplan. Medidas como a aprobada por maioría do pleno de Foz en xullo de 2022 e novamente en 2023 “exixindo informar vía cartelería e sinaléctica, para facer cumprir a limitación da velocidade e uso de embarcacións de recreo no entorno portuario” concluíu.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.