Ribadeo, 22 de setembro de 2024. A consellería do Mar aposta pola acuicultura ecolóxica como elemento clave do sector pesqueiro galego. Así se pon en valor coa colaboración levada a cabo co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), a través da iniciativa ‘Ecolóxicos a mares’, que ten como obxectivo difundir e mellorar a comercialización dos produtos ecolóxicos do mar galego e contribuír a consolidar a comunidade autónoma como referente internacional no sector acuícola.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a foodtruck que este domingo recalou en Ribadeo e onde destacou a importancia desta modalidade pesqueira para manter a soberanía alimentaria, a través da sostibilidade.
O sector ecolóxico certificado de Galicia alcanza unha facturación de 113 millóns de euros e conta con presenza en 279 municipios galegos. Neste contexto, a acuicultura ecolóxica representa máis do 17% da facturación coas conservas de peixe e a acuicultura e recolleita de algas como produtos estrela.
Esta iniciativa súmase a outras accións impulsadas desde o departamento que dirixe Villares. É o caso da campaña GALICIA SABE AMAR que tamén ten como obxectivo a difusión do sabor e calidade dos produtos do mar galegos e as súas propiedades nutritivas e culinarias, así como os beneficios que hai detrás do seu consumo, contribuíndo de xeito directo a impulsar a economía vencellada á cadea mar-industria.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



