Ribadeo, 20 de setembro de 2024. Ribadeo amortizará un crédito de 700.000 euros. Este foi un dos asuntos analizados na última comisión informativa de Facenda e Asuntos Xerais, na que tamén se abordou a licitación do servizo de abastecemento de auga. O alcalde, Dani Vega, destaca que se trata “dunha boa xestión dos recursos de todos”.
O rexedor contou que “na pasada noite celebramos unha comisión informativa de Facenda e de Asuntos Xerais. Abordamos varios asuntos de importancia. O primeiro deles, creo que é o máis importante de todos, que é licitar o servizo de abastecemento de auga e de saneamento. Evidentemente durante todo este ano houbo un proceso moi importante de documentación, con moito rigor técnico, e imos licitar en tempo récord, é dicir fronte a outros Concellos que aínda están nesta tramitación, Ribadeo vai dar un exemplo, creo que de eficacia, con ese rigor técnico, un bo traballo dos técnicos, e polo tanto licitaremos toda unha estrutura de mantemento e de inversión”.
Vega explicou que “o que se aprobou nesta comisión é a estrutura de custos e o estudio de viabilidade e tamén a fórmula de revisión de prezos. Aprobarémolo no seguinte pleno, no 24, definitivamente e a partir de aí ábrese un proceso de licitación para este servizo. Cabe destacar que é a obra máis importante que vamos ter que facer durante esta lexislatura, cun orzamento elefantiásico, enorme, estamos falando de máis de 5 millóns de euros. Creo que aquí as administracións, tanto a Xunta de Galicia como a Deputación, e entendo que tamén Hidrográficas, o Estado nos deben axudar”.
O alcalde dixo que “é un tema que imos abordar nas próximas datas e para min e para todo o goberno e tamén para todos os técnicos do Concello que están na materia, parécelles fundamental investir nos próximos meses, nos próximos anos, no abastecemento de auga”.
Dani Vega indicou que “durante este ano houbo 38 rupturas. Estamos falando dun tema que nos absorbe e nos preocupa porque hai o 95% de posibilidades de quedarse sen auga. E nosoutros durante este verán no que hai un incremento de poboación, xa sufrimos moitísimo e a partir de agora igual porque hai parroquias que teñen continuamente cortes, hai outras parroquias ás que o subministro chega con moi pouca forza e hai cortes continuos. O maior problema de Ribadeo chámase abastecemento de auga e hai que abordalo e foron moitos anos sen xestionar orzamento para un tema fundamental como é este do abastecemento de auga”.
Para o rexedor ribadense “debemos xestionar ben o recurso hídrico e polo tanto aquí hai que investir. Tamén nesta comisión abordamos outro tema moi importante, a eliminación dun crédito. Estamos a falar do crédito que sacou o anterior goberno de 950.000 euros. Nos imos eliminar 700.000 euros xa dese crédito. Estamos falando dunha xestión de recursos tanto para investir como tamén para eliminar crédito, eliminar débeda. Creo que é unha boa xestión. Nun ano simplemente xa eliminamos un crédito que tiña un fin concreto, que era o Hospital Asilo, pero houbo unha capacidade de xestión de recursos da administración autonómica, da Xunta de Galicia, e iso posibilítanos a eliminar ese crédito”.
E engadiu: “eu creo que esta comisión é importante á hora de inversión e tamén para acreditar que se está eliminando crédito, que son 2 durante este ano. Non solo se eliminaron os 700.000 euros, senón que cando entramos no goberno eliminamos outro de preto de 100.000 euros. Por tanto, creo que hai unha boa xestión dos recursos de todos”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



