Portos de Galicia solicitou ao MITECO o 10 de novembro de 2023 informe de avaliación ambiental e de compatibilidade coas estratexias mariñas, ambos documentos obrigados por lei para poder avanzar na tramitación, sen ter recibido ningún dos dous a dia de hoxe
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024. A Consellería do Mar subliña que o proxecto de dragaxe do porto de Foz conta con partida económica asignada nos orzamentos da Xunta para o 2025 á espera de que o Ministerio de Transición Ecolóxica emita os informes preceptivos para poder avanzar na súa tramitación e que foron solicitados o 10 de novembro do pasado ano. En concreto, Portos de Galicia solicitou, seguindo a normativa vixente, informe de avaliación ambiental e de compatibilidade coas estratexias mariñas, ambos imprescindibles para superar a tramitación ambiental e poder licitar as obras, sen ter recibido ningún dos dous a día de hoxe.
Á espera de que o Goberno central desbloquee o proxecto, Portos de Galicia consignou nos orzamentos para o vindeiro exercicio unha partida plurianual de 4,5 millóns para a remodelación das instalacións portuarias de Foz, cuxa primeira actuación é a dragaxe do porto, cun investimento estimado de 1,1 millóns de euros.
Esta actuación prevé a recuperación de calado na canle de acceso e interior da dársena á cotas entre -2,5 e -1,5 e posteriores dragaxes de mantemento nos vindeiros anos. Polo que respecta ao material extraído, os áridos da canle de acceso serán empregados na recuperación da praia de Altar e os do interior da dársena depositaranse en alta mal. Ata o momento o gasto na tramitación deste proxecto ascende a 70.000 euros que se unen aos 1.100.000 euros investidos xa en anteriores obras de dragaxe executadas en Foz.
Unha vez executada a dragaxe deseñarase a remodelación da dársena deportiva de Foz para aumentar a súa capacidade de prazas de amarre e mellorar as condicións de operatividade.
Reunión co alcalde
En relación á petición de reunión do alcalde de Foz con Portos de Galicia para coñecer as previsións de actuación do ente público, o 26 de outubro do pasado ano, o director de Portos mantivo co alcalde a xuntanza solicitada na que se abordaron este e outros proxectos portuarios, tal como comunicou publicamente.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



