Alfoz/O Valadouro, 26 de outubro, 2024. Os Concellos de Alfoz e de O Valadouro valoran moi positivamente a súa presenza en Xantar 2024 en Expourense, consolidando a calidade dos produtos locais e poñendo en valor os produtores do val.
Ao longo da xornada de onte, a Alcadesa e responsable de Turismo do Concello de Alfoz, Efigenia Maseda, e a Concelleira de Cultura do Concello do Valadouro, Lorena Díaz, participaron na 25ª Edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Expourense, dando a coñecer produtos autóctonos e de calidade: mel, mazás, empanada e embutidos de porco celta para que os visitantes deste evento poñan en valor todo o producido e colleitado no noso val. Os mostradores da Deputación de Lugo foron cedidos para que puidese ter lugar esta mostra.
“Foi unha gran ocasión para poder amosar os nosos produtos autóctonos e compartir o valor que o noso val ten e unha magnífica oportunidade que axude a promover a nosa terra e apoiar así aos nosos produtores locais”.