Alfoz, 12 de outubro, 2024. As familias do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz, a través da súa ANPA, veñen de tomar unha decisión drástica ante o que consideran unha situación insostible: se a Xunta de Galicia non responde de maneira inmediata ás demandas do centro, iniciarán unha folga indefinida a partir do martes, deixando de enviar aos seus fillos e fillas ao colexio. A decisión foi consensuada entre a totalidade das familias despois últimos acontecementos, agravados polas declaracións do Conselleiro e a falta de resposta da Inspección educativa coa Xefatura Territorial de Lugo, tras intentar contactar no día de onte.
O punto máis crítico nesta situación é a falta dun especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT), unha figura fundamental para atender o alumnado con necesidades educativas especiais. A ANPA denuncia que, “a pesar de que a inspección de Lugo enviou un informe favorable a Santiago, avalando esta necesidade, non se recibiu ningunha resposta oficial ata o momento”.
A comunidade educativa considera inaceptable a falta de reacción por parte das autoridades, e subliñan que as declaracións do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no Parlamento de Galicia, non fixeron máis que empeorar a situación. Na súa intervención do pasado mércores, o Conselleiro afirmou que este ano o posto de PT fora substituído por unha especialista en Audición e Linguaxe (AL), argumentando que o ano pasado a PT só atendía a un alumno.
Ante estas declaracións, as familias do centro tachan estas palabras de “faltar á verdade”. “Xa tiñamos unha especialista en Audición e Linguaxe o ano pasado”, subliñan, aclarando que a figura de AL non substitúe a PT, pois atende a outro tipo de necesidades educativas. Ademais, insisten en que “o curso pasado a PT atendía a máis dun alumno, polo que o conselleiro debería informarse mellor antes de facer ese tipo de afirmacións públicas”.
Ademais, a ANPA critica tamén as afirmacións do Conselleiro respecto ao cumprimento progresivo do acordo de agrupamentos. Este acordo, firmado polas autoridades educativas, comprometíase a unha reorganización das aulas con agrupamentos de diferentes ciclos. Non obstante, a Xunta de Galicia está a incumprir este compromiso, aplicando unha interpretación “progresiva” que non respecta a literalidade do acordo asinado. Esta actuación é contraria á postura dos sindicatos asinantes, que xa manifestaron o seu desacordo con esta interpretación, pois “o acordo non indica que se aplique de forma progresiva no caso dos centros con agrupamentos de diferentes ciclos, como agora pretende impoñer a Consellería”.
Esta manipulación da realidade por parte da Consellería, segundo a ANPA, está a xerar unha gran frustración entre as familias, que consideran que o centro educativo “está a ser discriminado en comparación con outros centros galegos onde se están a cumprir os acordos asinados ou se tomaron medidas correctivas de maneira rápida”.
Ante esta situación, a ANPA convocou unha nova concentración para o vindeiro luns ás 9:30 da mañá, fronte ao colexio, co obxectivo de reclamar unha resposta inmediata por parte da Xunta. De non obter solucións inmediatas, “as familias están decididas a iniciar unha folga indefinida, deixando de enviar os seus fillos ao colexio”, indican desde o colectivo.
As familias consideran esta medida extrema como a única forma de presionar ás autoridades para que atendan dunha vez por todas as necesidades educativas dun centro que, segundo elas, está a ser abandonado de forma inxustificable. “Non queremos máis excusas nin datos erróneos, queremos solucións reais para os nosos nenos e nenas”, conclúen.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



