O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, comparece na Comisión 8, Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024. O conxunto das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) do sector dos produtos da pesca e da acuicultura que operan en Galicia están a desenvolver plans de produción e comercialización cos que están a impulsar a tanto a sostibilidade da pesca e a acuicultura como a produtividade destas actividades. Co obxectivo de reforzar esta labor a Consellería do Mar publicou o pasado 7 de outubro no DOG as bases reguladoras para a concesión de diferentes liñas de axudas ás Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP) galegas e ás súas asociacións (AOP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa) para o período 2021-2027, e en breve sairá publicada a orde que suporá a mobilización de máis de 2 millóns de euros.
Así, o explicou o director xeral de Pesca Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, na súa comparecencia na comisión 8 do Parlamento onde avanzou que proximamente será publicada a orde pola que se convocan as axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de OPP e AOP no ámbito exclusivo da comunidade autónoma de Galicia cofinanciadas co Fempa e executados no 2023.
Estes apoios permiten impulsar a actividade do sector e o seu desenvolvemento, o que contribúe a xerar emprego e riqueza. Impulsan actividades pesqueiras viables e sustentables e contribúen a evitar e reducir, na medida do posible, as capturas non desexadas de poboacións comerciais. Deste xeito se reforza a labor esencial destas entidades á hora de garantir a trazabilidade dos produtos da pesca e o acceso a información clara e completa aos consumidores, ademais de axudar na eliminación da pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
Deste xeito, a Xunta da continuidade a uns apoios que no período 2016-2023 permitiu entregar ás oito OPP de carácter autonómico máis de 12,4 millóns de euros. Nesta liña, compre destacar que a media de facturación dos socios destas entidades nos últimos cinco anos foi de 179 millóns de euros, acadando no último ano un pico de 192 millóns de euros, un 7% máis que a media. Uns datos que desde o Goberno galego agardan mellorar reforzando o traballo destas organizacións.
Cumio da NAFO
O director xeral tamén abordou os resultados da 46º reunión anual da Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste (NAFO) celebrada entre o 23 e 27 de setembro en Halifax, Canadá salientando o resultado netamente positivo do reparto de TAC e cotas para a frota pesqueira galega coa mellora das posibilidades de pesca dalgunhas especies de interese para o 2025.
Así, detallou que este acordo permitirá dar continuidade e estabilidade xeral da frota destacando o incremento de cota de bacallau na zona coñecida como Flemish Cap onde os buques comunitarios poderán pescar durante o 2025 un total de 6.017 toneladas das que 12.613 que representa o total admisíbel de capturas (TAC).
Por outra banda, puxo en valor a reapertura da pesca do bacallau na zona dos Grandes Bancos de Terranova, unha vez que constatada a recuperación do stock tras 32 anos de moratoria. Isto aporta para a UE un dereito de Explotación de 735 toneladas. Ademais, no caso da gallineta, outra das especies de maior interese para Galicia, logrouse esquivar o peche desta pesqueira nas zonas 3L e 3N, con 1.093,8 t para a frota comunitaria, continuando nas mesmas cifras no resto de áreas.
Tamén continúan inalterables para a raia, a pota e a pescada branca. A parte negativa vén da cota do fletán, cunha redución de pouco máis do 2% pola aplicación da aplicación de normas de control de capturas (HCR) sustentadas en unha fórmula matemática cuxo funcionamento é cuestionado pola delegación galega.
As pesqueiras do Atlántico Noroeste son moi importantes para os armadores do sur de Galicia -concretamente Vigo, Cangas e Marín- debido a que permite traballar de forma exclusiva nesas augas a unha media de 10 buques pesqueiros que xeran máis de 200 postos de traballo directos. Deste xeito, consolídase a evolución favorable da xestión eficiente deste caladoiro o que resulta fundamental para a realización de inversións na modernización da frota ou o fomento da remuda xeracional nesta pesqueira.























Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



