O primeiro terá lugar o venres 11 ás 17:00 na Casa da Xuventude, e o segundo, o sábado 12 ás 17:00 no local da asociación A Moncloa
Burela, 9 de outubro de 2024. O Concello de Burela acollerá esta fin de semana dous obradoiros de radio e fotografía no marco do proxecto Burela Alumea.
Estas actividades terán lugar o venres 11 ás 17:00 na Casa da Xuventude, e o segundo, o sábado 12 ás 17:00 no local da asociación A Moncloa.
No obradoiro do venres, as persoas participantes aprenderán a empregar os seus dispositivos co obxectivo de sacarlles o maior proveito posible.
Tamén se lles ensinará a empregar equipamento profesional para obter imaxes e e pezas de audio coas que retratar a cultura mariñeira de Burela.
O taller do sábado, por outra banda, será de radio e foto participativa. Nel, dirixido tanto á rapazada como á xente do mar, aprenderase a xerar contidos que se plasmarán posteriormente no molde do faro recuperado polo Concello.
As actividades serán totalmente gratuítas, pero será necesario inscribirse previamente nelas. Poderase facer as inscricións no número de teléfono 627 096 062.
O proxecto Burela Alumea conta co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, do FEMPA da Unión Europea e da Xunta de Galicia.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



