Os populares reclamarán dende o Parlamento de Galicia, o Congreso e o Senado actuacións “con carácter urxente”
Lugo, 26 de outubro de 2024. O PP esixirá ao Goberno de Sánchez dende distintas institucións a mellora da estrada nacional N-640 entre os termos municipais da Pastoriza -no lugar de Paraxes, onde se atopa o tramo en peor estado- e Meira para “garantir a seguridade e reducir o risco de accidentes”.
Con esta iniciativa trasladamos ás distintas cámaras “a preocupación dos veciños da zona e os usuarios da vía ante a situación de perigosidade”, especialmente no punto quilométrico 60 e as súas proximidades; segundo explica a deputada autonómica do Grupo Popular Nicole Grueira acompañada polos deputados nacionais Jaime De Olano e Francisco Conde que tamén levarán a reivindicación ao Congreso, o alcalde e o tenente de alcalde da Pastoriza, concelleiros do PP de Meira e veciños da zona.
Grueira vén de rexistrar unha Proposición Non de Lei para o seu debate na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos coa que reclamar ao Goberno de España, como titular da vía, iniciar as obras de mellora “con carácter urxente”. Os populares tamén levarán este asunto ao Congreso dos Deputados e ao Senado.
Actualmente, este tramo da principal arteria de comunicación coa capital da provincia, coa Mariña oriental e Asturias atópase nun estado “moi deficiente”, con pavimento deteriorado e sen alumeado, o que “imposibilita unha circulación segura e normal”. De feito, “ao longo do tempo, producíronse numerosos sinistros, moitos deles con finais tráxicos”.
MANTEMENTO DA REDE VIARIA ESTATAL
Os populares instan tamén ao Goberno de España a “manter a rede viaria estatal na nosa provincia en boas condicións, asegurando que se dispoña dun pavimento axeitado, sinalización visible e alumeado suficiente para favorecer unha circulación segura e fluída”.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



