Os deputados populares mantiveron en Viveiro unha reunión de traballo con alcaldes e portavoces dos concellos da zona da Mariña que lles trasladaron as propostas e reivindicacións a aplicar dende a Deputación de Lugo nos vindeiros orzamentos provinciais para 2025
Viveiro, 10 de outubro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular esixen “implicación real do goberno provincial do PSOE e BNG co sector turístico garantindo accesos aos puntos de interese da Mariña, maior cooperación cos Concellos en temas coma o ciclo da auga e apoio aos sectores primarios e ao do mar” tras manter en Viveiro unha reunión con alcaldes e portavoces da zona da Mariña.
O portavoz, Antonio Ameijide, o viceportavoz Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove) e os deputados Clemente Iglesias (alcalde de Riortorto) e José María Fernández (portavoz do PP de Trabada) escoitaron as propostas dos representantes de Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro.
Con esta nova xuntanza de traballo os deputados provinciais do PP dan continuidade ás celebradas en distintos puntos da provincia para recoller “propostas aos Orzamentos da Deputación de Lugo para o vindeiro 2025, reivindicacións e as principais demandas dos veciños e veciñas ante asuntos que son competencia da Deputación de Lugo, da man das persoas que comparten o seu día a día de forma máis próxima”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, comparte a reivindicación de alcaldes e portavoces en relación á necesidade de que o goberno da Deputación de Lugo aposte de forma decidida polo turismo. “Unha forma de contribuír a potenciar o sector turístico é mantendo en bo estado as estradas da súa titularidade que dan acceso aos puntos de interese da comarca, tanto na costa coma nos concellos do interior. É unha das reivindicacións que vimos realizando de forma habitual: garantir a seguridade nas estradas provinciais para veciños e visitantes”, incide. Durante a xuntanza tamén se puxo enriba da mesa estudar a posibilidade de organizar os traballos de conservación e desbroce das marxes en función da intensidade do tráfico e por épocas do ano.
A cooperación económica, xurídica e técnica cos Concellos, que é unha das competencias propias da Deputación Provincial, para axudar a aqueles máis pequenos a prestar servizos da súa competencia é outra das reivindicacións dos populares. “Son moitos os ámbitos nos que pode axudar a Deputación de Lugo aos concellos da provincia, pero o goberno de PSOE e BNG prefire repartir os fondos provinciais a dedo, a través de convenios, entre os concellos gobernados polos seus amiguetes”, segundo subliña Ameijide. Nese sentido, o popular lembra que “se teñen negado a aumentar o Plan Deputación, tal e como propoñía o noso Grupo, e a repartir os fondos de forma obxectiva entre tódolos concellos da provincia”.
Ameijide indica que “a xestión do ciclo da auga está a ser xa un problema para moitos concellos e será un problema importante nun futuro próximo”. Tendo en conta que “as deputacións deben cooperar cos concellos de menor capacidade económica e de xestión para garantir a prestación de servizos” e que “o ciclo da auga é unha competencia exclusivamente municipal, a Deputación de Lugo debería colaborar cos Concellos da provincia neste tema”, subliña. “Pero o goberno de PSOE e BNG non só deixou pasar a oportunidade de liderar un proxecto conxunto para que os Concellos da provincia captasen fondos do PERTE de auga; senón que tamén votaron en contra da proposta do PP de elaborar un plan de apoio aos Concellos específico para a xestión do ciclo da auga”, incide o portavoz.
Os populares non esquecen, entre outros temas, a importancia do sector primario, o forestal e o mar para a comarca. “Son sectores importantes para a nosa provincia e, polo tanto, a Deputación Provincial debe telos en conta e buscar fórmulas de apoio e reservar medios económicos para elo nos vindeiros orzamentos””.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



