Os deputados populares ofreceron unha rolda de prensa para explicar todas as propostas rexistradas para que PSOE e BNG as teñan en conta na confección dos orzamentos provinciais do vindeiro ano e que se consensuaron cos alcaldes e portavoces do PP nos 67 municipios da provincia
Lugo, 22 de outubro de 2024. Tras manter varias xuntanzas con alcaldes e portavoces do PP nos 67 concellos da provincia, os deputados do Grupo Provincial Popular rexistraron na Deputación Provincial de Lugo un documento con todas as necesidades e solicitudes de colaboración da institución provincial realizadas nestas reunións.
Os deputados populares ofreceron unha rolda de prensa para explicar de forma pormenorizada as peticións realizadas. Deste xeito, o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que “constatamos con nos 67 concellos hai reivindicacións comúns e que son de urxente solución”, entre as que sobresaen o mantemento da rede provincial de estradas, a recollida de animais abandonados, o ciclo da auga ou a recollida do lixo, entre outras moitas. “Unha das conclusións que sacamos destas xuntanzas é que máis da metade da provincia denuncia desatención por parte da Deputación”, explican.
A continuación explicamos as propostas realizadas polos alcaldes e voceiros dos 67 municipios da provincia e que se incluíron no documento rexistrado na Deputación de Lugo:
Estradas provinciais
Elaborar e desenvolver un plan de conservación, mantemento e mellora das vías provinciais que inclúa o ensanche das plataformas e que contemple a renovación do firme, a sinalización vertical e horizontal, así como a instalación dos elementos de seguridade necesarios, dando preferencia a aquelas estradas nas que hai máis tempo que non se actúa ou aquelas nas que sexa necesario por razóns urxentes de seguridade.
Algo para o que é imprescindible duplicar o orzamento destinado ás estradas provinciais, aumentándoo en 10 millóns de euros.
Reforzar o desbroce de maleza nas marxes das estradas provinciais e elaborar un plan de limpeza periódica das cunetas das estradas de titularidade provincial que, nalgúns casos, acumulan gran cantidade de vexetación e auga estancada así como envases e plásticos, para prolongar a vida útil das vías. Do mesmo xeito, tamén sería preciso aglomerar as cunetas para que sexan transitables nas vías máis estreitas e sinuosas.
Cooperación cos concellos
Incrementar a achega provincial ao Plan Deputación en 10 millóns de euros, chegando aos 32M€, así como incluír nas bases da vindeira anualidade a posibilidade de solicitar a aplicación de parte da achega provincial ao Plan Deputación a gastos correntes dos Concellos de xeito que cada municipio poida destinar unha porcentaxe desta achega ao financiamento dos seus gastos correntes devengados durante o exercicio polos bens e servizos de competencia municipal obrigatorios.
Manter reunións cos alcaldes de tódolos Concellos da provincia. É fundamental recibir aos máximos representantes dos 67 Concellos da provincia para recoller propostas e necesidades para cumprir coas obrigas e competencias provinciais.
Elaborar e aprobar un Plan anual de posta a disposición do Parque Móbil Provincial para todos os municipios da provincia que teñan unha poboación inferior aos 20.000 habitantes, un plan baseado en criterios obxectivos, de igualdade e transparencia, de maneira que á hora de programar a súa disposición ou traballo teñan preferencia aqueles municipios nos que este non actuara ao longo dos dous últimos mandatos ou ben sexa necesario por razóns urxentes de seguridade debidamente xustificadas.
Estudar a posibilidade de liderar dende a institución provincial a licitación da contratación para a prestación conxunta do servizo de recollida, traslado e tratamento de residuos, así como prestar asesoramento técnico e xurídico aos concellos nesta materia e colaborar nas campañas municipais de sensibilización ambiental dirixidas ao fomento da separación e do sistema de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.
Tamén sería convinte establecer unha liña de axudas destinadas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para sufragar os custes vinculados a este servizo, como son os gastos de compra de material, gastos pola adquisición de vehículos ou gastos de funcionamento. “A Deputación debe colaborar con todos os concellos, non só cos elixidos de xeito discrecional, senón aplicando criterios públicos e transparentes”, explicaron.
Poñer en marcha unha liña de axudas para os Concellos destinada á supresión de barreiras arquitectónicas nas casas consistoriais, centros e instalacións municipais.
Ciclo da auga
Abastecemento e saneamento da auga. A Deputación Provincial de Lugo debe asumir as competencias que a normativa vixente establece nesta materia e colaborar activamente cos concellos na xestión do ciclo auga, prestando asesoramento técnico e legal aos concellos para a tramitación de proxectos, autorizacións, estudos, preparación de solicitudes de axudas vinculadas ao ciclo da auga; liderar e impulsar a presentación de candidaturas comúns ás convocatorias de axudas para financiar con fondos europeos ou estatais proxectos e iniciativas para a mellora do ciclo da auga; e aprobando unha liña de axudas provincial para colaborar no financiamento de obras municipais necesarias para garantir o abastecemento de auga potable así como o saneamento na provincia.
Cultura
Implicación da Deputación na posta en valor e na difusión das diferentes rutas do Camiño de Santiago, ademais de desenvolver actuacións nas estradas provinciais polas que discorren as diferentes rutas do Camiño de Santiago para garantir a seguridade, que poden pasar pola construción de sendas paralelas naquelas vías provinciais onde non existan ou a eliminación dos puntos detectados como perigosos.
Actuacións de impulso na Vía XIX do itinerario de Antonino ao seu paso pola provincia de Lugo, como a limpeza, sinalización e difusión do tramo desta vía que une Lugo co límite coa provincia de León e que transcorre ao longo dos concellos de Lugo, O Corgo, Castroverde, Baralla, Becerreá e Cervantes.
Posta en valor da Vía Künig que discorre a través dos municipios de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo, onde enlaza co Camiño Primitivo ata Santiago de Compostela.
Deseño e posta en marcha de medidas para a difusión dos museos provinciais e das súas coleccións e recursos (Museo Provincial, Museo-Pazo de Tor, Museo-Fortaleza de San Paio de Narla e Museo Provincial do Mar), do Centro de Artesanía e Deseño e demais espazos museísticos; así como elaborar un estudo para a posible inclusión do Museo de Prehistoria e Arquoloxía de Vilalba na rede provincial.
Establecer unha liña de colaboración directa entre o servizo de cultura da Deputación e os concellos da provincia para a realización de melloras, actividades e actuacións de difusión dos museos e centros socioculturais dos seus municipios co obxectivo de fomentar a cultura e defender o patrimonio das nosas localidades.
Turismo
Elaborar un Plan Estratéxico de Turismo da provincia que teña en conta as necesidades e peticións das asociacións, entidades e empresas que participan na actividade turística da provincia e que forman parte do Consello Provincial de Turismo, así como a desestacionalización do turismo co obxectivo de diversificar a oferta turística e activar a economía da provincia durante todo o ano.
Apoio e colaboración de xeito decidido da Deputación de Lugo para impulsar a candidatura de Ribeira Sacra para que consiga no 2026 o recoñecemento pola Unesco como Patrimonio Mundial, con accións como:
Mantemento e mellora das infraestruturas provincias que discorren pola Ribeira Sacra e mellora da sinalización dos seus recursos turísticos.
Regularización, impulso e posta en marcha dos clubs náuticos provinciais para mellorar a oferta de turismo fluvial.
Estudar a posibilidade de ofrecer novas rutas en catamaráns.
Realizar as xestións oportunas para a recuperación e posta en marcha das instalacións de Augasmestas, construídas en 1996 no concello de Quiroga.
Impulsar a construción e continuación da LU-P-4206 para conectar os concellos de Paradela e O Saviñao cunha vía turística e de conexión territorial que percorra a beira do río Miño poñendo en valor a zona e, polo tanto, constituíndo un atractivo turístico máis da Ribeira Sacra.
Benestar social
Incluír unha partida orzamentaria específica para poñer en funcionamento os centros de día localizados nos Centros de Atención ás Persoas Maiores de Trabada, Pol, Castroverde, Meira, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Ribadeo, A Fonsagrada e Ribas do Sil, e para garantir a correcta prestación do servizo nos mesmos.
Apertura inminente do centro de día e residencial comarcal en Becerreá, con partidas orzamentarias específicas para contratar o mobiliario e materiais para equipar o inmoble construído e contratar o persoal necesario para asegurar a prestación do servizo.
Axilizar e finalizar as obras de construción (en execución) dos centros de atención ás persoas maiores e centros de día nos concellos de Guitiriz, A Pontenova e A Pobra de Brollón.
Iniciar as obras de construción dos centros de atención ás persoas maiores e centros de día nos concellos de Folgoso do Courel e Portomarín.
Redacción dos proxectos de construción dos centros de atención ás persoas maiores e centros de día (comprometidos) nos concellos de Ourol, Pantón e O Saviñao.
Medio Ambiente
Creación de tres centros de acollida de animais abandonados (un na zona norte, outro no centro e un terceiro no sur da provincia), xa que os municipios non teñen nin a capacidade económica nin de persoal para asumir todas as competencias que se establecen na lei estatal de protección dos dereitos e o benestar dos animais, xa que a maioría dos concellos non contan cos medios técnicos e económicos suficientes para asumir a realización individualizada desta actividade.
Levar a cabo un mantemento axeitado das zonas verdes, rutas, parques e sendas fluviais provinciais como o Camiño do Miño, Paseo do Rato, etc, ademais de crear unha liña de colaboración cos concellos no mantemento destas zonas a nivel municipal.
Sector primario
Apoiar ao sector agroalimentario, agrícola, gandeiro e pesqueiro da provincia ante a situación que atravesa coa aprobación dun plan provincial que conte con tres liñas de axuda:
Para mellorar a formación dos emprendedores e traballadores e tamén para facer fronte aos gastos xerais de cotas por cotizacións dos profesionais das explotacións agrogandeiras, forestais e do sector do mar e incentivar a contratación de traballadores, contribuír a sufragar os custes de arrendamentos de bens inmobles onde se desenvolva a actividade económica, ou os gastos de produción, alimentos, pensos ou os propios da actividade pesqueira.
Para afrontar gastos derivados da dixitalización, adquisición e modernización de maquinaria, ferramentas, equipos e instalacións.
Para gastos correntes e investimentos que subscriban mozos e mozas que se incorporen á actividade, potenciando o emprendemento e fomentando o relevo xeracional.
Posta a disposición dos terreos propiedade da Deputación de Lugo para usos agrarios como, por exemplo, as parcelas adscritas ao Pazo de Tor.
Sendo conscientes do sector da madeira para a provincia, tamén cómpre que o ente provincial se implique no asesoramento e acompañamento legal, estudando a posibilidade de establecer un réxime para a posta a disposición dos Concellos do parque móbil provincial.
Emprego
Fomentar o emprendemento e o emprego local cun programa de axudas que promovan a iniciativa emprendedora e o desenvolvemento empresarial nas zonas menos poboadas da provincia para contribuír á dinamización económica e á creación de postos de traballo nos municipios de menor poboación.
Solo industrial
Poñer en marcha un plan de impulso dos polígonos industriais de titularidade provincial con campañas de captación de investimentos, buscando empresas e emprendedores para o seu asentamento nestas áreas; o estudo de posibles bonificacións do prezo ou outros incentivos para a venda de parcelas existentes; así como construír os polígonos industriais comprometidos pola institución provincial nos diferentes concellos da provincia.
Deportes
Reserva dunha partida para a conservación das instalacións deportivas provinciais coma o Pazo dos Deportes, a Escola de Piragüismo e as distintas instalacións fluviais da provincia, entre outros.
Mellorar e axilizar a tramitación de axudas a deportistas, clubs e asociacións deportivas da provincia.
Xuventude
Plan Provincial de xuventude de apoio a todos os municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia para o deseño, desenvolvemento e execución das súas respectivas políticas locais de xuventude.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



