Ribadeo, 3 de outubro de 2024. Segue aberta a inscrición para participar na I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo, que terá lugar o 19 de outubro. Está organizada polo Concello e por Xesta Natureza.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata de pasar unha tarde gozando da natureza e do deporte. Coa axuda dun mapa os participantes terán que percorrer unha serie puntos que aparecen nunha orde determinada. Cada quen escolle a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que atopará no devandito mapa”.
O edil ribadense contou que “é unha proba por equipos que combina a orientación con mapa e diferentes probas denominadas especiais. O tempo máximo para facer o percorrido será de dúas horas e media”.
Silvent dixo que “a inscrición é gratuíta e pode realizar a través de www.xestanatureza.com Haberá catro categorías denominadas: Xestiñas, Xestas, Xesteiras e Chorima. Esta I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo está aberta ao público xeral, desde familias con nenos ata persoas algo máis experimentadas. Tamén existe a posibilidade de facer percorridos adaptados para persoas con mobilidade reducida”.
O edil ribadense subliñou que “as familias poden anotarse cos seus fillos e fillas na mesma categoría para facer a proba todos xuntos. O que lles recomendamos ás familias con rapazas e rapaces menores de 8 anos é que se apunten na de Xestiñas”.
E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo animamos á xente a participar nesta cita o vindeiro 19 de outubro. Haberá avituallamento sólido e líquido ao rematar a proba, que dará comezo na Casa do Concello ás 17:00 horas. Será unha forma divertida de pasar unha tarde en contacto coa natureza e facendo deporte”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



