Os propietarios afectados disporán dun prazo para a execución voluntaria dos traballos
Viveiro, 5 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro activa o convenio para a xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas asinado coa Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincia (Fegamp) e Seaga.
“Xa no ano 2019 promovimos desde a alcaldía a subscrición dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, Fegamp e Seaga co obxectivo de cumprir coas obrigas municipais de prevención e defensa contra os incendios no municipio”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.
En virtude do mesmo, no ano 2020 aprobouse o Plan municipal de Prevención e defensa contra os Incendios forestais do Concello de Viveiro, definindo as franxas secundarias de xestión da biomasa e retirada de especies prohibidas.
Isto permitiu ao Concello iniciar os requirimentos aos propietarios das fincas cando non cumpren coa obriga anual de limpeza que impón a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Este Plan municipal, publicado no BOP de Lugo o 23 de outubro de 2020, identifica un total de 10.641 parcelas situadas nas franxas secundarias de xestión de biomasa. Coa finalidade de conseguir unha xestión eficaz das franxas e tendo en consideración o elevado número de parcelas pendentes de limpeza, habilitouse para os cidadáns un visor cartográfico na páxina web do Concello de Viveiro no que pode consultarse a afección das parcelas mediante búsqueda por referencia catastral.
En tanto o número de parcelas afectadas -cuxa limpeza non foi executada polos propietarios- resulta moi elevado, desde o Departamento de Urbanismo activouse o Convenio para as tarefas de inspección, notificación aos propietarios e, no caso de incumprimento, a execución subsidiaria dos traballos de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas pola Lei 3/2007.
A alcaldesa de Viveiro aclara que “os particulares propietarios destas parcelas recibirán proximamente unha comunicación de Alcaldía requirindo a realización das correspondentes tarefas de limpeza, outorgándolles o prazo legal que establece a lei de 15 días naturais para a execución voluntaria dos traballos”.
Só no caso de incumprimento se decretará a execución subsidiaria dos traballos, sendo neste caso executada e xestionada por Seaga, con custe a cargo dos propietarios.
Nos próximos días os cidadáns poderán consultar, asemade, as parcelas incorporadas nesta campaña de prevención de incendios desde o Taboleiro de Anuncios municipal da Sede electrónica do Concello de Viveiro.
A estreita colaboración entre a Alcaldía e a Concelleira de Medio Ambiente suporá unha axilización dos trámites pendentes de realización, xa que o seguimento dos procedementos realizarase dende o Departamento de urbanismo.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



