Ribadeo, 5 de outubro, 2024. Este venres 4 de outubro e como inicio dun novo curso no IES Ribadeo Dionisio Gamallo como Escola Mentora das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, recibimos a visita do eurodeputado Francisco Millán Mon, un dos máis curtidos dos nosos políticos en Europa cunha dilatada e activa carreira na defensa dos valores que nos confiren unha identidade común que transcende as nosas fronteiras xeográficas.
Francisco Millán Mon é Licenciado en Dereito e ingresou na carreira Diplomática en 1980 desempeñando diversos postos. Conta cunha ampla experiencia nas institucións europeas, xa que é eurodeputado desde o ano 2004, ocupando, entre outras, responsabilidades como membro das comisións de Asuntos Exteriores e Pesca, ou como presidente do Intergrupo “Patrimonio Cultural Europeo, Caminos de Santiago y otras Rutas Culturales Europeas”. En xaneiro de 2022 ascendeu á categoría de embaixador de España.
Na súa charla co alumnado de Secundaria e Bacharelato o eurodeputado presentou a realidade política europea desde unha triple vertente: desde o plano lexislativo, aclarando e distinguindo o proceder normativo europarlamentario e as distintas fases polas que deben pasar os trámites para garantir ecuanimidade e seguridade antes de pasar á práctica, subliñando así ao alumnado a esencia lexislativa das institucións europeas; desde o plano de traballo diario, remarcando a importancia que para Galicia ten a voz dos e das que coñecen e defenden os nosos intereses non só entre os nosos países veciños senón tamén ante a competitividade e a avidez económica doutros competidores lonxanos; e un terceiro plano de valores e ideais de identidade e cultura compartida, que unen na diversidade a toda a cidadanía, e que nos comprometen na procura dun futuro en paz e progreso.
As palabras de Francisco Millán Mon, cercanas e acertadas, mantiveron ao alumnado atento e receptivo durante a hora que compartimos no salón de actos do centro, co profesorado, o director e o coordinador de programas internacionais. Unha experiencia que marcará sen dúbida un curso xa de por si cheo de novidades para o alumnado. Boa sorte a todos!





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



