Ribadeo, 15 de outubro de 2024. Ribadeo axuda a que a lingua galega permaneza nas ferramentas da intelixencia artificial. Este xoves, 17 de outubro, terá lugar unha xornada de recollida de voces no marco do Proxecto Nós.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “o Proxecto Nós (www.nos.gal) está impulsado pola USC e a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de AMTEGA) e está financiado con fondos Next Generation-UE”.
A edil ribadense explicou que “grazas a ese traballo lograremos que todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poidan entender e falar a lingua galega e que, polo tanto, calquera galego ou galega, poida empregar con total normalidade a súa lingua en calquera ámbito tecnolóxico. Por exemplo cando lle damos unha orde ao GPS do noso coche, cando falamos cun asistente de voz como Siri ou Alexa, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando lle quere ditar un texto ao seu procesador de texto, cando pedimos unha cita no médico ou queremos facer unha xestión no banco, por poñer só algúns exemplos”.
Sanjurjo indicou que “para isto temos que conseguir unha grande cantidade de texto e audio de calidade en lingua galega que permita un axeitado adestramento dos algoritmos do sistema. Para iso gravarase a voz de homes e mulleres de todas as idades este xoves na aula informática da Casa da Xuventude, cantas máis participemos mellor”.
A concelleira de Cultura explicou que “as gravacións levaranse a cabo das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 20:00 horas. É importante que acudamos para que o xeito de falar dos ribadenses con todas as súas variantes quede rexistrada. Cada persoa que participe será agasallada cun libro e unha libreta e se se achegan varias persoas dun mesmo colectivo aparecerá ese colectivo nos créditos do proxecto”.
Begoña Sanjurjo anima “a toda a veciñanza a participar doando a súa voz. Para concretar unha hora para a participación e non ter que esperar podedes chamar á Casa de cultura ó 982 131 565 Moitas grazas por todo”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



