O Presidente asinou co colectivo un convenio para dar continuidade a este servizo que beneficia 30 menores de idade e ás súas familias dos concellos de Barreiros, Ribadeo, Foz, Alfoz, Burela, Xove e Viveiro
Lugo, 1 de novembro de 2024. A Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso coa inclusión social e o apoio aos colectivos con diversidade funcional a través dun novo convenio de colaboración con APNED, a Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña de Lugo. A institución provincial destina unha achega de 10.000 euros que permitirá reforzar o servizo ambulatorio que a entidade ofrece a nenos e adolescentes con discapacidade na comarca da costa. Este acordo foi formalizado no Pazo de San Marcos, onde o presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou coa representante de APNED, María del Carmen Iglesias Fuentes, o convenio que posibilitará a continuidade e mellora deste servizo fundamental para as familias de nove concellos da zona.
O servizo ambulatorio de APNED atende a 30 menores con diversas discapacidades, como Trastornos do Espectro Autista (TXD), Trastornos do Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), Síndrome de Angelman, Síndrome de Prader-Willi, problemas de audición e visión, parálise cerebral infantil (PCI), trastornos específicos de linguaxe (TEL), entre outros, nos concellos de Barreiros, Ribadeo, Foz, Alfoz, Burela, Xove, e Viveiro.
Un servizo de atención integral para as familias
Tomé Roca subliñou a importancia do labor que desenvolve este colectivo, “que traballa para que as persoas con discapacidade poidan desenvolverse no seu contorno familiar e comunitario, garantindo que as súas diferenzas se vexan como un valor engadido e non como unha barreira”. O servizo ambulatorio que se financia grazas á colaboración da Deputación proporciona atención a domicilio con profesionais especializados, como logopedas, psicólogos e monitores. Este equipo profesional deseña e implementa intervencións adaptadas ás necesidades de cada persoa, promovendo que a intervención se leve a cabo no propio domicilio e, ao mesmo tempo, en coordinación con outros ámbitos coma a escola.
O obxectivo de APNED é contribuír a que nenos e adolescentes con discapacidade acaden a máxima autonomía posible, a través dunha metodoloxía de traballo baseada en obxectivos claros e adaptados. Nese sentido, o Presidente destacou que o traballo de APNED é fundamental para unha sociedade inclusiva e para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade na Mariña: “A Deputación está comprometida en apoiar iniciativas que permiten que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades para desenvolverse e integrarse plenamente.” Pola súa parte, a presidenta de APNED agradeceu o apoio e subliñou a importancia deste servizo para as familias, que non só reciben axuda profesional senón tamén o acompañamento que necesitan para mellorar o benestar dos seus fillos e fillas.
APNED
A Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña Lucense é un colectivo sen ánimo de lucro, creado no ano 2001 por pais e nais de nenos e nenas con capacidades diferentes que ofrece, a día de hoxe, atención individualizada a usuarios de concellos mariñáns. Este colectivo creouse co fin de dar un servizo de atención e integración nun contexto ordinario, traballando na súa autonomía e en aspectos relacionados coa vida diaria. APNED ofrece atención, integración e apoio a todo tipo de usuarios e usuarias con capacidades diferentes.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



