O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se acondicionaron un aparcamento e unha zona exterior para actividades, entre outros traballos
Cospeito, 14 de novembro de 2024. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou 17.000 euros a financiar traballos de acondicionamento exterior e equipamento da casa escola de Seixas, que promoveu a asociación veciñal O Cruceiro, da parroquia de San Pedro de Seixas de Cospeito.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado das obras, entre as que destaca o acondicionamento no exterior dunha zona de aparcamento e dun espazo que permite desenvolver actividades ao aire libre. Con este fin, tamén adquiriron catro mesas pregables, 24 cadeiras e unha carpa desmontable.
Igualmente, no interior do local instalaron unha estufa de pellets e a cheminea para a extracción de fume, un equipo de televisión con altofalantes e armarios para almacenaxe.
Arias sinalou que as melloras “permiten ampliar as actividades e desfrutar do local en calquera época do ano nas mellores condicións”. A casa escola funciona como sede veciñal e centro sociocultural, sendo utilizada por máis de 200 veciños da contorna.
A entidade promotora recibiu 12.000 euros para obras e 5.000 euros para equipamento, que son as contías máximas previstas na convocatoria de subvencións do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños e de mulleres rurais e a comunidades de usuarios de auga.
O delegado territorial engadiu que no conxunto da provincia de Lugo concedéronse este ano 33 axudas que suman un investimento de máis de 269.000 euros; sufragan gastos realizados en inmobles dos citados colectivos ou sobre os que teñan dereitos de uso, así como nas traídas de auga comunitarias.
Neste sentido, apuntou que o Goberno galego reforzará o orzamento deste programa o vindeiro ano nun 33%, asignando 4 millóns de euros á convocatoria para poder dar resposta á elevada demanda que vén rexistrando nos últimos anos. “A Xunta apoia o papel fundamental das organizacións veciñais, que melloran a calidade de vida local dinamizando a contorna e canalizando as demandas da cidadanía”, afirmou.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



