Pontón exíxelle á Xunta do PP que non impoña a construción dunha fábrica de celulosa que sería unha auténtica bomba ambiental no corazón do país
Santiago de Compostela, 1 de novembro de 2024. A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, reclamou dende Monterroso a posta en marcha do Plan Ulloa-Ulla-Arousa, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas afectadas por ALTRI, un plan financiado con cargo aos 250 millóns de euros de fondos europeos que o Partido Popular quere dar á macrocelulosa.
Pontón explicou dende Monterroso, onde se desprazou para asistir á Feira dos Santos, a inmensa riqueza dos produtos locais e de proximidade, nunha das comarcas agrogandeira e leiteira máis rica e produtiva de toda Galiza, como é a comarca de Arzúa-Ulloa. Unha comarca que se encontra ameazada pola construcción dunha macrocelulosa que non só afectaría de forma negativa a esta comarca, senón que tamén ao Río Ulla que desemboca na Ría de Arousa, da que viven 4.000 familias.
A líder nacionalista considera de “disparate” que o goberno do PP queira darlle 250 millóns de euros a ALTRI “para arrasar co medio de vida da xente do rural, contaminando e destruíndo miles de empregos”. Pontón explicou que toda a consellería de Medio Rural ten un orzamento de 172 millóns de euros para apoiar ao sector agrogandeiro, á xente do rural que nos alimenta e coida o territorio, mais pola contra Rueda prefire regalarlle 250 millóns de euros a ALTRI. “Un disparate promovido por un presidente da Xunta que deber rectificar e deixar de facer de comercial de ALTRI para defender Galiza” salientou.
Neste sentido, Ana Pontón avanzou que desde o BNG estase a traballar polo rural e polo tanto, como medida a tomar de inmediato, avanzou que a formación nacionalista vai propor que “os orzamentos de 2025 recollan unha partida de 30 millóns de euros para apoiar a comarca de Arzúa-Ulloa e para blindar a súa actividade produtiva fronte a bomba ambiental de ALTRI”.
No medio prazo, a proposta do BNG pasa por implantar o Plan Ulloa-Ulla-Arousa, como un plan sostible e alternativo, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas con tres eixos de actuación.
O primeiro, apoiar os proxectos económicos de transformación no medio rural que teñan capacidade para innovar e instalar empresas produtivas no ámbito agrogandeiro, con liñas de axudas específicas para PEMES e cooperativas. Un segundo punto de actuación que pasa pola recuperación do río Ulla, que tamén contribuiría a sanear toda a ría de Arousa. E finalmente, o terceiro eixo para a creación dun novo modelo forestal sostible cun monte multifuncional e que non se limite só á primeira transformación da madeira e que non pretende converter Galiza nun eucaliptal para macrocelulosas.
A líder nacionalista destacou a importancia desta feira centenaria, como é a Feira dos Santos, que reflexa a “inmensa riqueza do noso medio rural” e todo o seu potencial para xerar actividade económica, emprego, toda a súa capacidade para preservar o territorio e para aportar alimentos de calidade, “que é importantísimo”. “No BNG temos moi claro de que lado estamos: coa xente do rural” concluíu.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



