Ribadeo, 26 de novembro de 2024. Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.
O xerente de ACISA, Jesús Pérez, dixo que “en Ribadeo seguimos a sacarlle proveito aos domingos, xa que na maioría das cidades e das vilas esa xornada xa non se celebra o Black Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza. Deste xeito o cliente pode aproveitar tamén o domingo pola mañá para facer as súas compras e beneficiarse das ofertas e descontos que atopará nos negocios asociados. o noso Black Friday de tres días coincide tamén coa campaña das Panchas, na que por cada 30 euros o Concello de Ribadeo regala 10, é dicir recibimos 40 panchas. Entón consideramos que é un bo momento para aproveitar os descontos do Black Friday empregando tamén a moeda local ribadense. Un ano máis, esta é unha moi boa ocasión para vir mercar á nosa vila”.
Carmen Cruzado contou que “toda a información detallada das ofertas do Black Friday, pódese encontrar na nosa web www.acisaribadeo.es ou nas nosas redes sociais. Hai grandes promocións, descontos do 10, 20 ,50 %, zonas outlet, 2×1 en produtos e servizos, e diversas ofertas… por iso animamos a todos as nosas veciñas e veciños e visitantes a consultalos. Seguro que encontran mais dunha opción moi interesante”.
Os establecementos participantes no Black Friday 2024 de Acisa Ribadeo son: Calzados la Moda, La Moda Básico, Cuatro Vientos, La Moda Sport, Mika, Pequerrechos, Glass, Opticalia, Mercería Torviso, Terra Branca, Fauna, Grisi, Beep Ribadeo, Miss-Tic, Siñeiro Hogar, Anais, La Coqueta, For Friends, Bora Bora, Sanjurjo, Esprit, Óptica Miró, Ginzo Hombre-Mujer, Sendín, Naná, Xardineo, Menfer, Casa Mandarina, Pepa Peineta, Boutique Pippol´s, Boutique Valentina, Boutique Del Rio, Farfala, By Hortensia, Deportes Docobo, Óptica Carreira, OVS Kids Ribadeo, Coco, Jatay e Ohana.
De torreznos e chiquitos
Jesús Pérez lembrou que “a isto temos que engadir as xornadas de torreznos e chiquitos por Ribadeo para despedir o mes de novembro. Está actividade es organizada pola asociación en colaboración con Asoporcel, Celtagal e Azpilicueta. Participan 19 establecementos asociados a Acisa. Sen dubida coa programación de ambas campañas na mesma fin de semana buscamos despedir novembro por todo o alto e comezar decembro como se merece. Deste xeito ofrecemos unha fin de semana completa con descontos e ofertas no comercio e cunha proposta gastronómica diferente. Non hai escusa para non estar en Ribadeo estes días, cos que nos preparamos para recibir decembro, que chegará cargado de actividades”.
A presidenta de Acisa anima “á veciñanza de toda a contorna, de Asturias e de Galicia, a achegarse esta vindeira fin de semana a Ribadeo. Temos a combinación perfecta: compras e gastronomía. E si a iso lle unimos a beleza paisaxística e unha estación tan colorista como o outono, o éxito está garantido”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



