Foz, 21 de novembro de 2024. O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, atendeu ao alcalde de Foz, Fran Cajoto, e á concelleira Ana Rojo este martes en Santiago, en resposta á reiterada petición de reunión solicitada á conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que non os recibiu por “problemas de axenda”, segundo xustificou o gabinete da conselleira.
Fran Cajoto explica que “a reunión foi convocada despois da pregunta parlamentaria rexistrada polas deputadas socialistas Lara Méndez López, Silvia Longueira Castro e Elena Espinosa Mangana o pasado 14 de outubro no Parlamento de Galicia na que se requiría contestación ao requirimento: Ten previsto a conselleira de Política Social recibir e atender as peticións que lle ten trasladado o alcalde de Foz?”.
Á reunión de traballo asistiron o alcalde de Foz, a concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Inclusión e Inmigración, o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e as responsables das áreas xurídicas do Concello e do Consorcio.
O alcalde de Foz explica que “foi unha reunión na que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia non se comprometeu a absolutamente nada. Desde o Concello de Foz solicitamos unha adenda ao convenio de xestión da residencia, cunha achega mínima anual do Consorcio de 200.000 euros e dixeron que non; dixeron que non a baixar os prezos da residencia. O Concello de Foz asumiu sen ter as competencias no ano 2024 máis de 700.000 euros que corresponden á Consellería de Política Social -370.000 no caso da residencia e 336.000 en concepto de SAF-. Tampouco nos quixeron dar unha data para a transferencia da propiedade do edificio da residencia ao Concello; a pesar de estar recollido no convenio de xaneiro do ano 2023 están todos os trámites sen facer. Dixeron que non a unhas peticións, anotaron outras e solicitáronnos de palabra máis documentación da finca que aportou o Concello no seu momento para a construción da residencia. Creo sinceramente que Foz merece algo máis”.
Fran Cajoto engade que “é evidente o que está a pasar: a conselleira foi dúas veces nun mes a sacarse fotos nun concello veciño e non tivo oco na axenda para unha reunión de traballo. Delega a reunión e só convoca cando hai unha pregunta parlamentaria polo medio, despois de pedirlla ata en persoa. Imos solicitar unha nova reunión coa conselleira, para esixirlle un compromiso político de verdade co pobo de Foz e que abandone as escusas. Temos unha residencia pequena e un asilo propiedade da Fundación Martínez Otero que é preciso poñer en valor e creo sinceramente que debemos traballar de forma conxunta. Compromisos políticos non só co alcalde senón tamén coas veciñas e veciños de Foz. Non podemos e non debemos resignarnos a que a Consellería só invista en Ribadeo, Xove ou Cervo. Xa vamos tarde”.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.


