A deputada Montserrat Valcárcel mantivo unha xuntanza con membros do Sindicato Labrego Galego, FRUGA e ADEGA co obxectivo de consensuar a proposta
Lugo, 29 de novembro de 2024. O Bloque Nacionalista Galego presentará unha moción no pleno do Parlamento galego da vindeira semana para solicitar a ampliación da moratoria das plantacións de eucalipto, actualmente vixente ata 2025, propoñendo que esta se estenda ata o 2030. Esta decisión foi anunciada pola deputada Montserrat Valcárcel tras reunirse con representantes do Sindicato Labrego Galego, a Federación Rural Galega (FRUGA) e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O obxectivo do encontro foi dar a coñecer e consensuar a proposta que o BNG defenderá na Cámara galega.
A deputada nacionalista considera que esta ampliación é unha medida esencial para frear o impacto ambiental e social do monocultivo de eucalipto, que na actualidade ocupa máis de 413.000 hectáreas, superando amplamente o límite de 245.000 hectáreas establecido polo Plan Forestal Galego de 1992. Segundo Valcárcel, esta acción debe ser a “gran panca de cambio” cara a unha nova política forestal que promova un uso multifuncional do monte galego e fomente unha industria forestal sostible, diversificada e respectuosa coa biodiversidade e os recursos naturais.
Durante a xuntanza, Montserrat Valcárcel advertiu das graves consecuencias ambientais derivadas da expansión descontrolada do eucalipto, como a degradación do solo, o incremento do risco de incendios forestais e a perda de biodiversidade. “A presenza desta especie en Galiza representa máis do 54 % do total estatal e case o 28 % do conxunto europeo, superando incluso a extensión de países tradicionalmente produtores como Chile, Uruguai ou Nova Zelandia”, explicou.
A moción do BNG tamén incluirá a implantación de medidas complementarias, como a redución progresiva das plantacións ilegais en zonas de especial protección –incluíndo áreas agrarias, zonas fluviais, costas e patrimonios culturais– e a reconversión de terreos forestais para usos máis sostibles e produtivos.
Evitar un novo “efecto chamada”
Valcárcel subliñou a importancia de actuar con celeridade para evitar un novo “efecto chamada”, como o rexistrado en 2021, cando se multiplicaron as plantacións ilegais ante o anuncio da moratoria. Ademais, reivindicou “a necesidade de que a Xunta de Galiza lidere este cambio forestal, contando co apoio das asociacións de produtores, a industria e a sociedade en xeral”.
Para o BNG, a ampliación da moratoria e a aplicación de políticas forestais activas e sostibles son cruciais para preservar os ecosistemas galegos, frear a destrución dos montes e garantir un futuro máis equilibrado e respectuoso co medio natural.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



