“Así, denunciamos os retrasos na concesión das licenzas malia que o goberno local as subiu nun 14%”, sinala o voceiro popular, Javier Castileira
Foz, 15 de novembro de 2024. O Partido Popular de Foz traslada o malestar de moitos veciños por non poder empezar as obras pola tardanza dos informes municipais definitivos. “Así, denunciamos os retrasos na concesión das licenzas malia que o goberno local as subiu nun 14%”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira.
Isto débese ao caos administrativo ao que ten abocado o señor Cajoto ao Concello, que xa denunciaran os populares, pola falta de Secretario e de Interventor o que fai que se envíen os informes xurídicos á Deputación de Lugo e non se concedan as licenzas en tempo e forma. “É incrible que despois de subir as licenzas de obra do 3% ao 3,5% -o imposto continúa nun 2,5 e a taxa pasou do 0,5 ao 1-, o servizo sexa peor e teñamos que esperar polos informes que o Concello lle encarga á Deputación porque levamos meses sen Secretario municipal”, lamenta Javier Castiñeira.
Por exemplo, nunha licenza media dunha vivenda unifamiliar con 180.000 euros de orzamento de execución material, a licenza pasaría de 5.400 euros a 6.300 euros, é dicir, uns 900 euros máis que fai un ano pero con peor servizo como denuncian os veciños.
Isto ocasiona grandes perxuízos aos veciños e familias que están iniciando novos proxectos de vida e, tamén, ao sector da construción que ve como non se inician obras en meses pola falta de xestión municipal do goberno de coalición de socialistas e nacionalistas que está demostrando ser un lastre para Foz.
Suba desproporcionada de impostos e taxas municipais
“Este tema das licenzas de obra é outro dos exemplos da suba desproporcionada dos impostos e taxas municipais que, desde o PP de Foz, denunciamos a principios de ano e que PSOE e BNG aprobaron en pleno naquel “xoves negro” sen garantir que con eses centos de miles de euros de máis que van a recadar se dean mellores servizos”, finaliza o voceiro popular.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



