Os concelleiros do PP confían en que estas iniciativas teñan boa acollida entre as distintas formacións que compoñen a corporación municipal e que “o goberno local poña en práctica aquilo que se desgañita en proclamar: que non todo en política vale”
Burela, 27 de novembro de 2024. O PP de Burela esixe ao goberno bipartito mellorar a información aos veciños e veciñas no referente á actividade municipal e tratar de erradicar, na medida do posible, bulos, mentiras e desinformación.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular defenderán no pleno deste xoves dúas iniciativas: unha para facilitar o acceso á visualización dos plenos e outra para evitar mensaxes partidistas a través dos medios do Concello.
O portavoz, Manuel Rouco, explica que “solicitaremos ao goberno bipartito que encabeza a señora López Moreno que facilite a visualización dos plenos -tanto ordinarios coma extraordinarios- non só publicando o enlace na páxina web municipal, senón tamén facilitando accesos directos a través das diferentes canles de comunicación do Concello como, por exemplo, as súas redes sociais oficiais (Facebook, WhatsApp…).
Igualmente, os populares advirten sobre a forma de comunicar deste goberno bipartito e piden que “a comunicación institucional sexa iso: institucional”. Dende o PP condenan que “se empreguen as canles de comunicación do Concello para facer propaganda electoral dalgunha das formacións que integran o bipartito”.
Rouco cre que “a comunicación do Concello que traslade o goberno debe estar afastada de calquera tipo de valoración política”. No caso de que calquera dos membros do goberno queiran facer valoracións partidistas, “son absolutamente libres de facelo, pero empregando as canles de comunicación das súas correspondentes formacións”.
Os concelleiros do PP confían en que estas iniciativas teñan boa acollida entre as distintas formacións que compoñen a corporación municipal e que “o goberno local poña en práctica aquilo que se desgañita en proclamar: que non todo en política vale”, conclúen.



















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



