Detesto as necrolóxicas. Detéstoas porque son necesarias. Necesarias para lembrar a xente que xa non está por moito que creamos que merecera e queiramos que seguira estando entre nós. Como Primi. Hoxe vinme na obriga de actualizar a súa biografía na Galipedia para engadir unha data, 3 de novembro de 2024, a data do seu pasamento.
Primitiva Nécega Gallo, Primi Nécega. No seu momento, e referido a ela, escribín como parte do prólogo a un dos seus libros en castelán: ‘Si te pones a callejear por Ribadeo, en algunas calles con edificios altos encontrarás también casitas. Recogidas, bajas, muchas con huerta o jardín, contrastan frente a los bloques de pisos. Se diferencian y llaman la atención no tanto por su estampa o su vitalidad cuanto por estar hechas a escala humana. Así es la suya, la casa de la autora, un estilo de vida representado: el que lleva quien la habita.’ O libro, Despertar, estaba adicado ós seus fillos, e era -é- de poesía, un xénero que cultivou menos que o dos relatos, mantido por ela durante moitos anos publicando na Comarca del Eo semana a semana, a máis de noutros lugares. Relatos que eran a súa vida en máis dun sentido. Érano porque lle gustaba escribir e dáballe vida. Tamén porque era un xeito de comunicar cos demais. E aínda tamén, quizais sobre todo, porque boa parte deles, por máis que estiveran novelados, eran froito de experiencias persoais, logo vida propia.
Aló por finais do 2009, o 20 de decembro, Primi recibiu o premio Iniciativas 21. Dous anos e medio antes, con motivo da dedicación do día das letras galegas a María Mariño, dicía nun escrito da miña estrañeza por non ter causado mellor acollida os relatos de Primi. Anos despois, e tras o seu pasamento, sigo pensando o mesmo. Cabe lembrar que ese premio, tal como aparecía na web da Fundación que o instituíu, está adicado “a mulleres excepcionais, como tamén o é a súa cotidianeidade, sen a que o progreso de Galicia non sería posible.” É dicir, a mulleres de excepción que non se prodigan socialmente, senón que fan unha labor calada, do día a día. Primi merecía o premio. Escribía, era escritora, pero non deixaba de ser só unha faceta dela, a que máis amosaba cara ó exterior.
Neceu en Foz, mais deixou pegada en Ribadeo, onde chegou aínda na primeira metade do século pasado e onde seguirá presente.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



