Onte, domingo de mediados de decembro, comecei a recibir fotos e vídeos dunha manifestación que a Santiago caíalle grande. Pero é a capital de Galicia, e, de non ser na Ulloa, onde xa se ten feito outra que desbordou Palas, era o lugar lóxico. O lugar onde podería facilitárselle ó goberno galego ver a xente e ouvila, mesmo escoitala, e non durante só un momento. Escoitar e atender a ‘percepción negativa dunha parte da poboación galega’. Refírome a esa expresión entre comiñas por ser o subtítulo da noticia coa que follas adentro (xunto con novas sobre traballo e medio ambiente pasadas tres cuartas partes do total), un xornal en castelán feito e subvencionado en Galicia cubría a manifestación. Hai que dicir que, de xeito natural, non só ocupando posición nas primeiras páxinas, senón moito máis espazo, dito xornal, nunha ‘importante’ noticia, aseveraba que o partido do goberno galego volvería hoxe repetir éxito electoral con números semellantes ós das pasadas eleccións.
Hai que dicir tamén, xa que estou coa nova, que só un cuarto do espazo escrito para ela estaba cheo coa opinión da empresa, a quen correspondería esa expresión de subtítulo de lamento de que unha parte da sociedade galega teña unha percepción negativa nun proxecto que ‘podería empregar’ máis de 850 M€ (un cuarto ao menos, cartos de todos). Un parágrafo moito menor en espazo correspondería á Xunta, declarando por boca da Conselleira de Medio Ambiente que non van obedecer ningunha presión, despois de deixar claro o xornalista que a cousa está en mans dos técnicos polo medio dos datos de asistencia á manifestación.
Hoxe mesmo, un amigo díxome que lera ben unha cousa que me enviaba. Quizais por iso, tentei ler ben a nova e cheguei ó resalte dos técnicos e das verbas da Conselleira. A verdade, as declaracións e lamentacións da empresa coido que non teñen moita importancia: tratándose de gañar cartos como sexa, que se espera que vaia dicir? Mais chegar ó final da lectura e decatarme de que a cousa está ‘nas mans dos técnicos’ e non dos políticos que deciden (ó longo do tempo, parece que xa teñan decidido hai moito), en contradición coas verbas da Conselleira de que a Xunta non vai obedecer presións de ningún tipo e coa evidencia de que leva tempo aliñada coa intención da empresa, produciume un certo desasosego.
Foi quizais ese desasosego o que me fixo esquecer durante un lapso de tempo as fotos que recibín, cun longo ‘río’ despregado por ‘unha parte’ dos manifestantes, que non había río para todos. Ou a cifra das cen mil persoas estimadas pola organización (que quedan reducidas a menos da metade pola policía local, xornal mediante). Ou o mar de papel que significan esas 23 000 alegacións presentadas e que se saiba polo momento ignoradas. Ó menos pola miña parte, ‘percepción negativa’ da vontade do que se quer facer e de como se está a facer por parte de empresa e administración. Unha ‘percepción’ fundamentada en feitos.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



