O comercio local abre o domingo 22 e o domingo 5 de xaneiro. Do 21 ó 24 a Casita de Papá Noel, Obradoiro de música electrónica, visita do Apalpador, do Paxe Real, concurso de selfies na árbore de Nadal e seguimos co sorteo de 4 soldos de 1.200€
Viveiro, 21 de decembro, 2024. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración ca área de Comercio do Concello de Viveiro, continúa nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas e árbores de luces leds sumamos nestes dias máis actividades.
Ata o 7 de xaneiro sigue en marcha un consurso de Selfies na árbore de Nadal ubicana na Praza Maior con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas. Participar é moi sinxelo, só hai que subir a foto ás redes sociais e etiquetar a @viveirocentro.
A “Casita de Papá Noel”, instalada nos Xardín Noriega Varela está funcionando en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 23 de decembro e o dia 24 o horario será de 16 a 19h. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita. E tamén fan o propio cas cartas para os Reis Magos.
Os Elfos reciben ós nenos, Papá Noel recolle tódalas cartas e atende as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocouse tamén un buzón xigante onde os nenos poden depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta.
Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión.
Pero non nos podemos esquecer dun persoaxe tan noso, como é o Apapador, e o dia 24 ás 12:30h na carpa ubicada na Praza Maior. Neste espectáculo recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se adica no seu día a día … e o que é máis importante que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo fai en madeira. Unha personaxe entrañable que nos fará pasar unha hora chea de maxia.
E o dia 28 ás 12:30h tamén na carpa da Praza Marior, fará o propio o Paxe Real das suas Maxestades de Oriente.
“Un Paxe Real en Apuros” tráenos a visita dun dos axudantes das súas maxestades os Reis Magos. Está un pouco alterado porque está pasando por unha das épocas máis complicadas do ano xa que nestes días non hai descanso: Envolver agasallos, mirar quen se portou ben ou mal, ler todas as cartas, o atracón de traballo da noite de Reis… Por todo isto o paxe está ó borde do colapso quedándose durmido en calquera esquina e cos nervios a flor de pel.
Unha vez que se tranquilice o Paxe Real falaranos do que hai que facer na noite de reis, que deixarlles de comer, a importancia de non deixar un monopatín no chan, … e por suposto de non esquecerse facer pis antes de ir para a cama.
O día 23 ás 17:00h teremos un Obradoiro de Música Electrónica con DJ Karras Martinez, na sala do Conservatorio de Música. Sumerxete no mundo da música electrónica con este obradoiro impartido polo DJ e produtor Karras Martínez. Aprende técnicas de iniciación á mestura nun ambiente creativo e participativo.
E seguimos cas participacións para o sorteo de 4 soldos de 1.200€.. 3 deles serán cas rifas que se entregan nos negocios asociados para o sorteo presencial do dia 3 de xaneiro na Praza. E para o cuarto sueldo só hai que subir os tickets das compras á App ViveiroCCH, así de sinxelo. Prazo ata o 5 de xaneiro.
O sorteo, por primeira vez en moitos anos cambia de día, realizarase o 3 de xaneiro ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Rios. Este sorteo vai xa pola 12ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.
E para os que están faldos de ideas e non saben que mercar, poñemosllo un pouco máis facil cas Tarxetas Regalo do CCHV, que son un acerco seguro. Estas Tarxetas fanse personalizadas e pódense gastar en mais de 120 negocios asociados.
O comercio local abrirá os domingos do 22 de Decembro e o 5 de Xaneiro.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



