A súa elección tivo lugar nun congreso no que a agrupación local estivo arroupada polos dirixentes da formación político-xuvenil de Galicia e da provincia de Lugo, deputados e senadores, compañeiros do PP de Viveiro e de concellos da comarca
Viveiro, 23 de decembro de 2024. Gabriel Timiraos foi elixido presidente de Novas Xeracións de Viveiro nun congreso local da formación político-xuvenil que contou coa participación da presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira, o presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Miguel Gallego, a presidenta do PP local, Mariña Gueimunde, alcaldes da zona, deputados, senadores e máis compañeiros da formación popular.
O novo responsable de Novas Xeracións de Viveiro, filólogo de 26 anos, toma as rendas da agrupación local co obxectivo de “traballar duro para que Viveiro volva ser o que un día foi. Queremos volver a ter un Viveiro que brille na Mariña con Mariña”.
Timiraos defende “a aposta do Partido Popular pola xente nova” e sinalou que “comezamos unha nova etapa cun proxecto renovado e próximo”, pois “temos que escoitar a opinión de todos porque só así podemos facer unhas Novas Xeracións de todos e para todos”.
A presidenta e portavoz municipal do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, amosouse “moi orgullosa deste grupo de rapaces e rapazas e senten a necesidade de proxectar a súa voz, defender os seus dereitos e loitar xuntos pola xuventude de Viveiro. Son un reflexo de que hai mozos e mozas preocupadas polo seu futuro e o da terra que os víu nacer, conscientes da desastrosa xestión do goberno do PSOE e do BNG. Somos moitos os que queremos espertar dun mal soño”.
O presidente de NNXX da provincia, Miguel Gallego, subliñou que “estamos traballando na renovación das agrupacións locais e en menos de catro meses estamos comezando a ver cumpridos algúns dos nosos obxectivos”. O Congreso de Novas Xeracións de Viveiro é o primeiro que se celebra trala renovación da directiva da formación provincial a comezos do pasado mes de setembro.
A XENTE MOZA DE GALICIA ESTÁ CO PARTIDO POPULAR
A presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira, destacou que “o novo congreso de Viveiro reflexa a fortaleza da organización e tamén demostra que a xente moza está co Partido Popular. Dende NNXX de Galicia seguimos percorrendo o territorio, sumando e traballando polo futuro da mocidade galega”.
COMITÉ DE DIRECCIÓN NNXX VIVEIRO
O comité de dirección que preside Gabriel Timiraos estará integrado por: Alejandro González (secretario xeral), Sofía García (secretaria de organización), Saray Ventura (coordinadora), Samuel Sánchez (vicesecretario de sanidade), Claudia Prieto (vicesecretaria de deportes), Jorge Gómez (vicesecretario de mar), Lucía Peña (vicesecretaria de redes e comunicación), Cristina García (vicesecretaria de Acción Política), Mikel Chao (vicesecretario de Políticas para a Xuventude) e Pablo Varela (vicesecretario de Acción Social).


















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



