Viveiro, 9 de decembro de 2024. O Concello de Viveiro renovará as beirarrúas no tramo da estrada LU-540 entre o museo de cerámica Regal Xunqueira e o local de Severiano Agrocomercial. Trátase dun percorrido de 750 metros ubicado na parroquia de Magazos.
Estas obras, que suporán un investimento total de 110.795,19 euros, serán executadas pola empresa López y Leis S.A. cun prazo de execución de tres meses, prevéndose o inicio das mesmas a principios do ano 2025.
As actuacións incluirán a demolición do pavimento actual, a colocación dun novo bordo de formigón, a construción dunha nova beirarrúa de formigón impreso de 15cm de espesor, a instalación de pavimento podotáctil nos puntos necesarios e a substitución das bocas de rega existentes.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, destacou a importancia desta intervención para mellorar a seguridade e a accesibilidade nunha vía clave. “É unha mostra do compromiso do noso goberno local coa mellora constante das infraestruturas urbanas, ofrecendo espazos máis seguros e funcionais para a veciñanza”, sinalou.
Pola súa banda, a tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras, Infraestruturas e Medio Ambiente, Míriam Bermúdez García, subliñou a relevancia da substitución da rede de abastecemento neste tramo. “Esta obra non só permitira repoñer o pavimento, senón tamén mellorar significativamente a rede de abastecemento, reducindo as frecuentes avarías e os inconvenientes que afectaban esta zona”, explicou.
Os traballos responden á vontade do Concello de Viveiro de “dar solucións eficaces ás demandas veciñais, garantindo que as infraestruturas do municipio cumpran os estándares actuais de calidade, funcionalidade e sustentabilidade”, afirman.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



