Os populares cren que o BNG nin está nin se lle espera” porque “a pesar de recoñecer que nada cambiou neste mandato, continúa a apoiar ao bipartito de PSOE e Vilalba Aberta”
Vilalba, 3 de decembro de 2024. Os concelleiros do PP cren que “o escudo de Vilalba é un símbolo que representa a tódolos vilalbeses”. Así, ante a proposta do BNG para a súa modificación, “o primeiro que hai que saber é se hai unha demanda real dos veciños por cambiar o escudo” e, no caso de que así fóra, “aplicar unha fórmula para o seu deseño que garanta que se sintan representados os vilalbeses e vilalbesas”.
Os populares afean ao BNG que “todo o que aporte neste máis de ano e medio de mandato sexa unha proposta ideolóxica vinculada, neste caso, ao cambio do escudo de Vilalba” cando “no noso Concello os servizos deixan moito que desexar, hai problemas de iluminación polas noites no casco urbano e caídas nas beirarrúas da rúa da Pravia despois de investir 1M€, as estradas do rural están intransitables en moitos casos porque non se investiu o suficiente, o comercio está desaparecendo sen ningún tipo de impulso dende o Concello e Vilalba tamén continúa sen rematar a RPT (Relación de Postos de Traballo) e o PXOM -cando o señor Renda dixo que ía levar ao pleno do pasado mes de setembro-”.
Os concelleiros do PP cren que o BNG nin está nin se lle espera” porque “a pesar de recoñecer que nada cambiou neste mandato, continúa a apoiar ao bipartito de PSOE e Vilalba Aberta”.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



