As entidades beneficiarias teñen ata o vindeiro 31 de marzo para presentar a xustificación das subvencións
Lugo, 17 de novembro de 2024. O Boletin Oficial da Provincia de Lugo publica hxoe a resolución definitiva das axudas de concorrencia competitiva para asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que investiu 380.000 euros nesta liña de apoio ao tecido cultural de base. A resolución confirma a listaxe provisional, publicada en novembro, e recolle a concesión de 431 subvencións -256 para a organización de actividades e 175 para investimentos e equipamentos-, que benefician, fundamentalmente, a pequenos colectivos culturais.
Atendendo ás solicitudes presentadas, a maioría das subvencións destinadas á promoción de actividades culturais destínanse a iniciativas de promoción e difusión do patrimonio material ou inmaterial, a celebracións populares como entroidos, magostos ou foliadas, a iniciativas de formación en música e baile tradicional, obradoiros de teatro ou a edición de revistas mentras, no capítulo de investimentos, as achegas destínanse a financiar a compra de equipamento informático e musical, mobiliario ou en actuacions de mantemento e mellora en locais sociais.
A deputada de Cultura Iria Castro destacou que “a listaxe de colectivos que reciben estas axudas é unha boa mostra da capacidade do asociacionismo para impulsar a creación e a programación cultural en todo o territorio” e avanzou que “os orzamentos de 2025 recollerán un suba da partida destinada a estas convocatorias para ampliar a súa cobertura, e tratar de atender o incremento de solicitudes que se produciron esta anualidade, na que recibimos preto dun centenar máis que o ano pasado”.
As entidades beneficiarias teñen ata o vindeiro 31 de marzo para presentar a xustificación das subvencións. Os modelos a cumprimentar estarán dispoñibles na web cultura.deputacionlugo.gal a partir deste mércores -18 de decembro- .




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



