Lugo, 24 de xaneiro. A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou esta tarde a xornada “Xosé Vizoso, debuxante eterno”, na que o realizador Aser Álvarez, o escritor e cronista de Mondoñedo Antonio Reigosa, o pintor e gravador Xosé Artiaga e o ilustrador e deseñador Alberto Guitián repasaron a biografía e traxectoria creativa de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), o “home que deseñou case de todo”, incidindo na necesidade de recoñecer “a autoría dunha obra popular”
Na presentación, Iria Castro explicou que “desde a área de Cultura traballamos desde fai anos na valorización da ilustración e da arte gráfica galega cunha programación propia, o programa IlustrarNós, obradoiros e murais, que levamos aos centros educativos para que as
xeracións máis novas coñezan a referentes neste eido artístico, que non ocupa espazos centrais nos libros e nos temarios, pero que axudan a construír unha imaxe plural e máis completa do noso acervo cultural”
“Esta xornada sérvenos de punto de partida para celebrar a obra dun autor polifácetico que medra a carón dun dos proxectos culturais máis relevantes do século XX en Galicia como é Sargadelos e que destaca polo seu compromiso coa cultura popular”, explicou a deputada, que adiantou a próxima inauguración da exposición “Universo Vizoso” comisariada por Aser Álvarez, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o vindeiro mércores – 29 de xaneiro, ás 19.00 horas-.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



