Os populares inciden en que “a alcaldesa nos negou o acceso ao expediente na xunta de portavoces, despois de solicitalo tamén por escrito e tampouco coa documentación do Pleno á que temos dereito”
Viveiro, 16 de xaneiro de 2025. A portavoz do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, explica que “o noso grupo non podemos votar a favor da proposta de modificación puntual da RPT que afecta á Policía Local porque nos falta documentación”. A popular cre que “non podemos valorar ningunha proposta se non dispoñemos de información que xustifique por que está motivada”.
Gueimunde incide en que “a alcaldesa nos negou en reiteradas ocasións o acceso ao expediente informativo sobre a Policía Local: na xunta de portavoces onde incluso pedimos que nos leran o contido se non quería facilitarnos copia, tamén cando o solicitamos debidamente por escrito e tampouco co resto de documentación do pleno”.
“Sen coñecer o contido dos informes técnicos e saber cal é o problema, non podemos valorar se é a solución adecuada ou habería outras opcións. Non entendemos ese ocultismo”, engade. Ademais, “non dispoñemos de presupostos aprobados para o 2025 e o incremento de prazas, sendo ademais de categoría superior ás actuais -inspector e inspector xefe-, require unha maior partida”.
A popular cre que “debe volver miralo e facilitarnos toda a documentación para que poidamos tomar unha decisión responsable”. De feito, “temos dereito como concelleiros a acceder a esa documentación e, ademais, tamén sabemos cales son as nosas obrigas”.
PSOE E BNG NON CUMPREN CO PXOM
Gueimunde aclara que “levamos o PXOM ao pleno porque cremos que é necesario activar este goberno e poñer sobre a mesa a situación para que os veciños e veciñas de Viveiro saiban que a culpa é única e exclusivamente do Concello”.
Mentres leva 22 anos poñendo escusas e botando a culpa ás demais administracións, a realidade é que o que debería ter feito o Concello dende o ano 2011 da súa aprobación inicial non o fixo”: a notificación aos titulares das 1.349 parcelas situadas en ámbitos de actuación, contestar as 523 alegacións presentadas no trámite de exposición pública e revisar e actualizar o documento atendendo ás modificacións da normativa urbanística e, unha vez obtidos os informes, valorar se a modificación é substancial ou non.
Os populares urxen ao goberno local a “que o fagan xa: basta xa de anuncios e falsas promesas antes das eleccións. Se o goberno local non cumpre e o Goberno central tampouco -porque tamén faltan informes dos diferentes Ministerios gobernados pola mesma cor política-, estannos mentindo a todos; ademais de non cumprir o acordo programático de PSOE con XViveiro para manterse na alcaldía e na tenencia de alcaldía.
ROGOS
Os populares tamén pediron explicacións no pleno pola situación da obra de mellora da rúa do Porto de Celeiro paralizada en decembro do 2024. “Quedou a medias e non sabemos cal é a orixe do problema”. Ante a preocupación dos veciños e veciñas, pedimos que nos expliquen cando van reanudar os traballos e cal é a súa previsión para rematar as obras ao que “a alcaldesa deu de prazo para telas terminadas ata o 23 de febreiro, agardemos que cumpra a súa palabra”.
Á vista de que “algunhas prazas de discapacitados están deterioradas”, tamén preguntaron que fai o goberno local en materia de accesibilidade, “despois de ter anunciado o BNG nas eleccións un plan de accesibilidade que aínda non vimos”.
Tamén se interesaron polo estado das parroquias. No caso de Escourido, no lugar da Carballa, están agardando que se arranxe a pista e corrixan os grandes baches porque “non poden pasar os vehículos nin tampouco as persoas”.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



