Ribadeo, 29 de xaneiro de 2025. Ribadeo celebrará a Gala do Entroido o 22 de febreiro no Teatro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “estamos a traballar no programa do Entroido 2025, que presentaremos nuns días. Pero xa podemos adiantar que a Gala será o 22 de febreiro no Teatro. Lluvia de estrellas é a temática elixida para esta cita na que queremos animar a participar a todas as veciñas e veciños de Ribadeo que así o desexen”.
Saiz lembra que “na Gala do ano pasado prepararon actuacións diferentes asociacións, grupos moi vinculados ao Entroido e charangas de Ribadeo. Neste 2025 queremos animalos a todos a participar de novo e tamén ás veciñas e veciños de Ribadeo, que a título individual ou en grupo, se queiran sumar á grande Gala que terá lugar o vindeiro 22 de febreiro. O único que teñen que facer é poñerse en contacto con nós para anotarse”.
A edil ribadense agarda que “sexan moitos os ribadenses que compartan con nós a Gala Lluvia de estrellas. Chega o momento de darlle renda solta a eses artistas que todas e todos levamos dentro”.
O cartel do Entroido e o programa serán presentados nos vindeiros días. Concello e Acisa traballan na organización dunhas xornadas gastronómicas que xirarán arredor da cociña destas datas.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



