Ribadeo, 9 de xaneiro de 2025. A galería ribadense Terra Branca convoca o XI Concurso de Cartas de Amor.
José Ramón Leal, o director de Terra Branca, explica que “ya hemos puesto en marcha nuestro Concurso de Cartas de Amor. Queremos animaros a escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor. Puede estar dirigida a tu pareja, a tu familia, a tus pasiones, a la vida, a tu tierra, a tu mascota…”.
Leal indica que “la obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio. Las cartas que recibamos y no cumplan con dichos requisitos serán automáticamente descalificadas. No hay límite de cartas por participante. Y los trabajos pueden estar redactados en gallego o castellano”.
O director de Terra Branca engade que “podéis enviar vuestras obras por correo postal o electrónico con vuestros datos personales así como con vuestro número de teléfono. La dirección de Terra Branca es Avenida de Galicia, 8. 27700 Ribadeo. El email es el siguiente galeriaterrabranca@gmail.com o si lo preferís podéis entregarla directamente en mano”.
O premio que recibirá a persoa gañadora será unha magnífica figura de cerámica galega.
O xurado estará formado pola artista Mariángel Leal, pola lectora Mari Carmen Vidal e por José Ramón Leal, director da galería Terra Branca. A carta premiada será lida en diferentes emisoras de radio e publicada en redes sociais.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



