A Xunta de Goberno vén de aprobar a adhesión da institución neste centro do Goberno de España, “co obxectivo de reforzar, mellorar e complementar a ciberseguridade tanto da propia institución como das entidades locais da provincia con menos de 50.000 habitantes, sen que supoña ningún custo”, subliñou a Pilar García
Lugo, 7 de febreiro de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar a adhesión da institución provincial ao Centro de Operacións de Ciberseguridade para Entidades Locais (COS) da Secretaría Xeral de Administración Dixital do Goberno de España. Así o anunciou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen explicou que con este paso seguimos a avanzar na nosa aposta “pola modernización e transformación dixital desta Deputación e dos Concellos da provincia, neste caso no ámbito da ciberseguridade”.
Explicou a Voceira socialista que este servizo COCS, compartido e de prestación centralizada, ofrece protección avanzada e solucións especializadas en seguridade da información e das comunicacións, mellorando de forma significativa a protección dos servizos públicos fronte ás ameazas cibernéticas. Está financiado pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cun orzamento de 70 millóns de euros.
“O obxectivo desta adhesión é reforzar, mellorar e complementar a ciberseguridade tanto da propia institución como dos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes, sen que iso supoña ningún custo para a Deputación ou para as entidades locais”, subliñou Pilar García Porto, quen engadiu que “a seguridade TIC é unha parte transversal da institución, protexendo a información sensible e os datos persoais que manexamos no día a día”.
Este Centro de Ciberseguridade (COCS) mellorará as competencias en diferentes cuestións no ámbito dixital como son: a prevención e detección de incidentes; a análise de vulnerabilidades e seguridade, protección en servizos como a navegación ou correo electrónico, a xestión de respostas ante incidentes, a capacitación, asesoramento e monitorización.
Ademais incidiu a Deputada que esta medida complementa a outras accións que temos en marcha desde a Deputación, como é o caso da oficina técnica de seguridade da información, cun orzamento de 300.000€, ou a adhesión a Ciber.gal.
Medio millón de euros para mellorar 6 vías provinciais en 3 concellos
Na Xunta de Goberno de hoxe a Deputación sacou adiante unha importante inversión de máis de 500.000€ para mellorar seis vías que atravesan tres concellos da provincia. A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, subliñou que estas melloras na rede viaria provincial responden “ao noso firme compromiso por garantir a seguridade e a comodidade na mobilidade, facer máis modernas e accesibles as nosas infraestruturas e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.
Concretamente, en Baleira, licitáronse as obras de rehabilitación para mellorar 5 estradas de montaña. Concretamente, a institución provincial actuará nos 22 primeiros quilómetros da estrada LU-P-0401, que comunica Corveira con Restelo por Córneas; no tramo inicial ata o quilómetro 12 na LU-P-0405, que une Fonteo con A Lastra; nos 8 quilómetros de inicio da LU-P-0407, que vai de Fontaneira ao Vilar dos Adrios; tamén nos 3 de inicio da LU-P-0408, que conecta Córneas con A Lastra por Freixo; e por último, nos preto de 4 quilómetros da LU-P-0409 entre Córneas e Villardoi.
As actuacións, cun orzamento de 224.000€, inclúen a reapertura de cunetas, reparación de desperfectos e repavimentación. O prazo de execución é de 3 meses desde o seu inicio. “Trátase dun proxecto moi importante porque virá a mellorar de xeito significativo as comunicacións entre varias parroquias e aldeas neste concello da Montaña lucense”, valorou García Porto.
No que respecta aos concellos de Vilalba e Xermade, informou a Deputada que a Deputación mellorará dous tramos da estrada LU-P-6513, que é a estrada que une Vilalba con Momán. Por un lado, os traballos afectarán desde o inicio da vía ó quilómetro 1,600 e consistirán na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente, sinalización vertical e pintado mediante marcas reflexivas brancas. Ademais, acometeremos a reposición de marcas viais no treito comprendido entre o quilómetro 1,600 ata o 17,315. O prazo de execución destas obras será de 3 meses unha vez iniciadas.
“Esta é unha das estradas máis empregadas a diario polos veciños da capital chairega e do concello de Xermade. Conecta moitas parroquias de ambos municipios, polo que se trata dunha actuación moi demandada”, subliñou a Voceira socialista do Goberno, quen lembrou que “esta vía enlaza coa provincial LU-P-2204, que comunica o núcleo xermadés de Momán coas Pontes de García Rodríguez, na Coruña. Unha vía provincial na que a institución xa destinou 1,5M€ para a súa renovación integral”.
Pilar García Porto destacou o esforzo inversor e o firme compromiso da institución provincial xa que “só este mes, aprobamos a mellora de 30 estradas provinciais ó seu paso por 19 concellos desta provincia cun investimento superior a 3M€. Unha cantidade que supón o 30% da anunciada polo Presidente no primeiro paquete do Plan de estradas”. Recalcou que ese primeiro paquete de actuacións na rede viaria provincial -a máis extensa de todas as Deputacións de España con 4.217 quilómetros– está dotado con 12M€ e servirá para acondicionar este ano máis de 280 quilómetros en vías de toda a provincia.



















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



