Ribadeo, 19 de Febreiro de 2025. O pasado mércores, 12 de febreiro, celebrouse unha nova asemblea da Plataforma en Defensa e Protección das Arbores na que se acordou dar unha nota informativa ca valoración das últimas novas e publicar os resultados da recollida de sinaturas por via internet. “Aquí referirémonos ao primeiro punto”.
“En primeiro lugar observamos algúns movementos e declaracións ou comentarios por parte do concello que nos levan a pensar que a nosa acción ten algún tipo de impacto no día a día ribadense”.
“Por exemplo recollemos unhas declaración (personais) do Sr. Alcalde nas que, según as nosas fontes, non se van tocar os contenedores das vivendas sociais. Se esto se confirma sería unha boa nova porque eses aparellos están dando un bo servizo e sería magoa que se suprimisen. Naturalmente hai que anotar este detalle na movilización da veciñanza e nas sinaturas recollidas nos días pasados”.
“Outro dato a suliñar é a retirada de maleza que se estivo facendo en algunhas ribadas, concretamente xunto do restaurante San Miguel, onde puidemos observar que tamén se provocou o desprendemento e derrubamento de pedras e terra, de onde dá que pensar que quizás os técnicos non andiveron moi afinados”.
“Máis sorprendete da finura dos técnicos foi o sulfatado de alguhnas palmeiras no parque o venres, sete de febreiro, a media mañá, cando chovía a mares e ventaba sen conto, e polo tanto, os eventuais beneficios do tratamento foron parar ao chan en poucos segundos. Por certo esta actuación levouse a cabo sen protección algunha coas consecuencias que nos podemos imaxinar”.
“Outra sorpresa xurdiu ao comprobar que na reforma da Praza de Pancho Maseda (entre o Concello e a Aduana) non se deixou nengún paso para as ambulancias, que según a declaración grabada do Sr. Alcalde, era un dos motivos da obra. Ainda ben, o paso que había antes quedou obstruido por un bloque de granito para suxetar unhas bandeiras. Unha contradicción mais nun relato inverosímil”.
“E para rematar lembramos que no pleno do día 4 de febreiro o Sr. Alcalde referiuse repetidamente ao teixo da eirexa de Arante, suxerindo, anque non o dixo claramente, que fai anos fora obxecto de algunha actuación impropia ou perxudicial. Como consecuencia desprazámonos a visitalo e sacarlle unhas fotos, puidendo observar que presenta un aspecto magnífico, por non decir esplendoroso, como sempre”.
“E sen mais que comentar, suliñamos que segue sen haber información oficial sobre o proxecto de reforma do Parque Municipal e do Campo de Santa María e que seguirémonos xuntando e tratando de levar adiante accións para preservar e mellorar as árbores e zonas verdes de Ribadeo e daremos información pública de canto nos vaia chegando. Proximamente daremos outra nota co resultado das sinaturas vía internet”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



