Lugo, 7 de febreiro de 2025 O Entroido de Val de Francos, o máis tradicional da Terra Chá, recuperou, co apoio da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o cartel realizado por Xosé Vizoso para a edición de 1993, unha obra moi lembrada pola veciñanza da que apenas se conservaban exemplares.
A comisión organizadora e o deputado de Mocidade Daniel García presentaron este venres no Pazo de San Marcos o proxecto de recuperación e dixitalización do cartel, que fora encargado ao artista mindoniense polo párroco e impulsor da recuperación do entroido Xosé Manuel Carballo
A obra volve lucir na cartelería desta edición, remarcando o carácter tradicional desta celebración que úne ás parroquias de Goberno, Ansemar e Balmonte, e que ten nos fareleiros e na lectura do sermón os elementos máis singulares, como explicaron na presentación
O deputado de Mocidade Daniel García destacou “o traballo da comisión organizadora que mantén esta tradición, buscando fórmulas para revalorizala con iniciativas coma a recuperación desta obra de Vizoso que tan ben sintetiza e representa o seu espíritu” e reiterou o apoio da Vicepresidencia da Deputación ao traballo asociativo e da veciñanza no mantemento das manifestacións culturais que nos identifican como pobo.
Degustacións de receita de galiña de Mos e Porco Celta
A demais de apoiar a recuperación do cartel, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, achegará á celebración do Entroido de Val de Francos degustacións de galiña de Mos e de Porco Celta, con produtos de tres ganderías do concellos de Castro de Rei.
As persoas asistentes poderán probar carnes destas razas autóctonas en tres receitas elaboradas polo cociñeiro Alex Mendez: croquetas de Galiña de Mos e faba de Lourenzá con polo de Mos, arroz meloso de castañas, boletus e solombo de Porco Celta e lentellas estofadas con panceta e chourizo de porco celta
O acto contou coa participación das integrantes da comisión organizadora Ana Canto, Fran Fórneas, Remedis Anido e Maricarmen Gómez, dos gandeiros José Zapata e Pepe Veiga e de representantes de Avimós e Porco Celta.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



