Nese repaso pola situación actual das iniciativas empresarias proxectadas para a zona, o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, lamentou a exclusión da primeira resolución provisional para vales de hidróxeno do proxecto denominado Val do Eume
Santiago, 24 de febreiro de 2025. O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Empresarios Seara. Unha cita que se enmarca na comunicación constante e fluída que están a ter a Xunta e o empresariado pontés para abordar o seguimento dos proxectos industriais que se asentan ou se van asentar na comarca.
Vázquez explicoulles que o Goberno galego segue a traballar para axilizar o asentamento das iniciativas que teñen As Pontes como destino, co fin de facilitar a reindustrialización da comarca tras o peche da central térmica. Nesta liña, tanto o secretario xeral de Industria como os representantes de Seara coincidiron na necesidade de apoiar o desenvolvemento industrial en Galicia, e en concreto, en As Pontes.
Neste punto, ambos lamentaron a exclusión na resolución provisional da primeira convocatoria do programa Vales de Hidróxeno Renovable do proxecto denominado como Val do Eume e impulsado por EDP e Reganosa en colaboración con Forestal del Atlántico. Unhas iniciativas promovidas por dúas empresas galegas que foron declaradas estratéxicas polo Consello da Xunta e contan con declaración de impacto ambiental, autorización ambiental integrada e, con autorización administrativa no caso do proxecto para a produción de metanol verde en Mugardos.
O secretario xeral de Industria subliñou ao respecto que pese a este revés, a Xunta de Galicia seguirá traballando para que proxectos como estes, “maduros e ambientalmente viables”, sexan máis pronto que tarde unha realidade e “axuden a recuperar unha zona fondamente castigada como é a das Pontes”.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



