O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería do Medio Rural destina preto dun millón de euros aos concellos da Terra Chá e Meira no marco do plan de acondicionamento de camiños para o período 2024-2025
Vilalba, 23 de febreiro de 2025. A Consellería do Medio Rural achega 110.400 euros para acondicionar vías municipais nas parroquias vilalbesas de Alba, Belesar, Rioaveso e Román con cargo ao plan de mellora de camiños para o período 2024-2025.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, comprobou as actuacións executadas no vial de 4,3 quilómetros que parte da N-634, en Alba, e atravesa os barrios das Turbelas, O Curro, Cordal e Meire ata finalizar na igrexa e o cemiterio de Belesar.
Tamén se reparou un ramal que conduce a vivendas e parcelas agrícolas. Trátase dunha ramificación en dirección Norte cunha lonxitude de case 500 metros, que foi obxecto das mesmas intervencións que a vía principal.
As actuacións consistiron na limpeza e apertura de noiros para facilitar a saída da auga da calzada cara os terreos perimetrais; a renovación do pavimento e a colocación de sinalización vertical.
Os outros proxectos que se financian con cargo a esta convocatoria consisten no acondicionamento dunha vía de aproximadamente 1,1 quilómetros que dá acceso á Bardela, na parroquia de Román; e outra de 1,8 quilómetros entre a estrada autonómica LU-120 e o núcleo de Cartemil, nas inmediacións das parroquias de Román e Rioaveso.
O delegado territorial destacou que todas estas actuacións reforzarán a seguridade e a comodidade na circulación por estas vías que dan acceso a vivendas, parcelas agrícolas e explotacións agrogandeiras da zona.
Explicou que o plan de mellora de camiños para os anos 2024 e 2025 suma 948.000 euros en achegas da Xunta aos concellos da Terra Chá e Meira para rehabilitar infraestruturas viarias municipais.
Nova convocatoria
Por último, Arias apuntou que o Goberno galego activou unha nova convocatoria do Plan Camiña Rural para o período 2025-2026, dotado con preto de 19,5 millóns de euros de fondos propios. Serán subvencionables as actuacións de ampliación, mellora e mantemento de camiños.
Todos os concellos de Galicia poden ser beneficiarios destas axudas co cumprimento de dous requisitos principais. Deberán ter remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude e estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á débeda coa Administración Pública de Galicia.
Pártese dunha asignación fixa por localidade que se incrementa en función do número de entidades de poboación e outros criterios relacionados coa superficie e a localización do municipio.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



