Ante a falta de profesionais nas listas de contratación, cóbrese a asistencia sanitaria con prolongacións de xornada que realizan os facultativos do PAC de Viveiro, a quen o conselleiro agradece a súa implicación e compromiso
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remarcou hoxe no Parlamento de Galicia que a asistencia sanitaria no concello de Ourol está garantida e sen demora, a pesar da falta de médicos para realizar substitucións.
O titular da carteira sanitaria da Xunta detallou no Pazo do Hórreo, en resposta a unha pregunta parlamentaria, que o municipio de Ourol conta con 762 usuarios que son atendidos por un médico de familia e unha enfermeira e, nestes intres, o médico está en situación de incapacidade temporal.
Para solucionar esta situación, e ante da falta de médicos nas listas de substitución, estase a cubrir a asistencia con prolongacións de xornada que realizan os facultativos do punto de atención continuada de Viveiro, a quen o conselleiro lle agradeceu a súa implicación e o seu compromiso, conseguindo así manter unha cobertura case completa desde o 21 de xaneiro e no mes de febreiro.
Gómez Caamaño subliñou que nestes momentos non hai demora para obter unha cita neste centro. Con todo, a situación vén derivada da falta de profesionais sanitarios que poder contratar, unha situación que está a padecer toda España, e ante a que o Goberno central, que é o que ten competencias, permanece impasible e alleo.
O titular da carteira sanitaria incidiu en que o Servizo Galego de Saúde e a Xerencia da área de Lugo procuran cubrir con prolongación de xornadas a asistencia no centro de saúde de Ourol. Lembrou, ademais, que en caso necesario os pacientes poden ir ao centro de saúde de Muras, que se atopa a 17 minutos, e que ten menos de dous días de demora.
Ademais, os servizos sanitarios urxentes do 061 están dispoñibles as 24 horas do día os 365 días do ano.
Gómez Caamaño remarcou que a Xunta está plenamente comprometida en garantir a asistencia sanitaria a pesar do déficit de profesionais sanitarios. Para paliar esta situación, o Goberno galego pediulle ao Ministerio de Sanidade que aumente a acreditación de prazas MIR, posto que a nosa comunidade xa oferta o 100 % das que ten acreditadas.
Tamén a Xunta lle demandou ao Executivo central que permita que os médicos poidan traballar ata os 72 anos se así o desexan, ademais de axilizar a homologación de títulos de especialistas en Ciencias da Saúde a médicos estranxeiros.
O conselleiro tamén lembrou que Galicia e o País Vasco xa impulsaron na pasada lexislatura un manifesto ao que se adheriron 14 comunidades autónomas para urxir ao Ministerio que solucionara o déficit de médicos.
Medidas da Xunta
Pola súa parte, e no ámbito das súas competencias, o conselleiro explicou que a Xunta impulsou ofertas públicas de emprego para prazas de difícil cobertura, iniciativa ao que os grupos da oposición no Parlamento galego votaron en contra.
Como mostra do compromiso da Xunta coa sanidade pública, Gómez Caamaño sinalou que o orzamento do Servizo Galego de Saúde aumentou en máis dun 45 % desde o último aprobado polo bipartito en 2009.
No que atinxe á atención primaria, desde 2018 a Xunta incrementou en máis de 450 millóns de euros os orzamentos para este nivel asistencial.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



