Viveiro, 10 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro presenta o cartel do Entroido 2025, unha obra que pretende render homenaxe á historia e tradición desta celebración local.
Cun deseño baseado en imaxes retrospectivas, o cartel reflicte a esencia dun carnaval con profundas raíces na comunidade e na memoria colectiva da vila.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, destacou o valor simbólico desta proposta: “É un cartel con imaxes rescatas do noso archivo, o que quere dicir que o noso carnaval ten moitísima historia. Unha historia que fixeron persoas en épocas complicadas, que saían e se disfrazaban, e iso fainos ser un carnaval con moita solera”.
O Entroido de Viveiro caracterízase pola súa singularidade e compoñente de humor. En palabras da concelleira, “o carnaval de Viveiro sempre foi un carnaval diferente, particular e cargado de humor, e encantaríanos que así seguira sendo”.
A programación incluirá diversos eventos para todos os públicos, cun desfile programado para o martes de entroido. “Axiña sacaremos a programación, pero mentres tanto deixamos á xente desfrutar, buscarse e atopar aos seus seres queridos, e incluso a eles mesmos neste cartel tan bonito”, engadiu Fernández-Noriega.
Pola súa banda, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, amosouse convencida de que “o Entroido de Viveiro será todo un éxito un ano máis, polo que animamos a veciñanza e visitantes a desfrutar das festas connosco”.
As imaxes do cartel foron cedidas por África Jiménez e Carlos Fotógrafos, cuxos arquivos fotográficos forman parte do patrimonio visual da vila. Grazas a esta contribución, foi posible recuperar momentos significativos do carnaval de Viveiro e plasmalos neste novo cartel.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



