Xose M. Salgado coordinou as investigacións, que tamén achegan información sobre un escoiral en Ferreiravella
Lugo, 27 de marzo de 2025. A Asociación Para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto desenvolveu no último ano dúas investigacións que afondan no coñecemento e documentación da tradición do ferro en Riotorto, a través da recollida e catalogación de ferramentas e técnicas do oficio e do estudo da pegada documental do escoiral ao longo do cauce do Rego de Ferreiravella.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado de Rural Daniel García reuníronse este mediodía cos ferreiros da Asociación e co coordinador dos traballos, o xornalista e investigador especializado no mundo do ferro Xosé M. Salgado, para coñecer o resultado destes traballos de pesquisa e recollida, que buscan preservar a memoria dun oficio que a mediados do século XX empregaba a 200 persoas no concello.
Os responsables provinciais subliñaron “a importancia deste traballo para poñer en valor e conservar o patrimonio arredor da tradición do ferro, que é unha sinal de identidade de Riotorto” e ratificaron o apoio a labor da Asociación “para seguir impulsando a tradición do ferro como elemento de dinamización social, cultural e turística para o concello”.
As investigacións realizáronse co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, no marco da axuda que a Asociación recibe para os seu funcionamento e actividades, de 14.000 euros.
Máis de 250 pezas relacionadas co oficio
A Asociación Para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto reuníu máis de 250 pezas, entre distintos tipos de ferramentas, xunto a documentos antigos e fotografías relacionados co ferro. Entre eles, diversas tipoloxías de fouciños, adaptados a diferentes usos, desde os “calixeiros” para as tarefas máis liviáns na horta ata as fouces ou foucíns de monte, para as xestas e matogueiras, pasando polos foucíns para a sega do cereal.
A recolla de material está coidadosamente estructurada en torno a cadafamilia/forxa, xa que era común que cada ferreiro mantivese durantedécadas os mesmos clientes e unha serie de productos adaptados aos mesmos. Ferreiravella, O Mazo, Lorigados, Espasande de Arriba e de Abaixo e mesmo As Rodrigas son os lugares principais onde houbo e hai ferreiros e onde a asociación levou adiante esta pesquisa.
Os materiais foron descritos e identificados, atendendo á procendencia en cada caso concreto, ao ferreiro e a casa de procedencia, que polo xeral constitúe unha saga familiar, xa que en moitos casos o oficio provén de pais, avós e,ata onde a memoria permite chegar, bisavós.
Escoiral no cauce do Rego de Ferreiravella
O segundo traballo céntrase na recollida de noticias orais e documentación sobre un escoiral situado ao longo do cauce do Rego de Ferreiravella, ao que se atribúe unha extensión de máis dun quilómetro. Do xacemento leváronse ao altos fornos de Trubia (Asturias) e Euskadi miles de toneladas das escouras ricas en ferro. Diversos documentos acreditan que os propietarios do terreo percibían 25 pesetas por tonelada métrica.
Esta indagación inicial abriría, segundo Xosé M. Salgado, un novo campo de pesquisas e investigación multidisciplinar orientado a acreditar a antigüidade da explotación deste xacemento e constatar se no espazo agora identificado existiron traballos de siderurxia antiga como fornos de reducción para a produción de ferro, unha tecnoloxía empregada para a obtención deste metal desde a Idade do Ferro ata que no tempo medieval, en que xurden as ferrerías hidráulicas en Europa e transforman os métodos siderúrxicos.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.