Tras coñecer os resultados da auditoría realizada no servizo, proxéctase un investimento de máis de 2 millóns de euros
Barreiros, 21 de marzo de 2025. O Concello de Barreiros renovará integramente o seu alumeado público en base a un proxecto que inclúe a substitución de todas as luminarias por tecnoloxía LED, a adecuación dos cadros de mando e cableados, a instalación dun sistema de telexestión e de regulación do fluxo lumínico e medidas para a redución da contaminación lumínica.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dun “proxecto moi ambicioso co que se actuaría na totalidade da rede de alumeado público, comprendendo máis de 1.650 puntos de luz e arredor de 70 centros de mando”. A rexedora sinala que “o que se pretende é unha actuación integral coa que garantamos o cumprimento de todas as normativas en materia de iluminación e co que se poderá obter un importante aforro de enerxía, que poderá chegar ao 85% do aforro”.
Para obter financiación para levar a cabo este proxecto, o Concello de Barreiros vén de concorrer ao programa de axudas para a renovación das instalacións de alumeado exterior municipal (proxectos singulares de alumeado municipal) do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética, mediante a solicitude dun préstamo reembolsable sen intereses a 10 anos.
“Deste xeito, poderían financiarse os 2.048.125€ nos que se valora o proxecto dun xeito cómodo e que non afectaría á estabilidade económica municipal, ao estar saneada despois do grande esforzo de xestión nos últimos anos”, explica Ermida. “Estanse vendo os resultados da boa xestión económica que agora xa nos permite afrontar investimentos importantísimos para o Concello que, coa situación económica que atopamos hai seis anos era impensable”, asegura, marcando así a diferencia “entre quen acudiu a crédito para tapar furados da mala xestión e quen pode acudir para desenvolver proxectos fundamentais para a mellora de Barreiros”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



