Lugo, 29 de abril de 2025. A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro acolleu onte luns, 28 de abril, a presentación da exposición A Banda de Paradela cumpre 150 anos, que organiza Egeria en colaboración coa Banda de Paradela e co patrocinio do Concello de Paradela e da Xunta de Galicia, e que estivo aberta anteriormente na Casa do Concello de Paradela e nas Bibliotecas de Lugo, A Coruña e Sarria.
A inauguración da exposición coincidiu co comezo do apagón eléctrico, e a falta de iluminación interior fixo que a celebración se trasladase ao exterior, na Praza de Pastor Díaz, diante da entrada da biblioteca pública municipal.
Participaron na presentación, entre outros, a Alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; a Alcaldesa de Paradela, Montserrat Mullet; a Presidenta da Banda de Paradela, Marisol Arias; a presidenta de Bágoas da Terra, Maricarmen Chipe; o Cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo; o escritor Xoan Neira; Cesar Aja, ex alcalde de Viveiro; dous directivos da Banda de Viveiro; e Xulio Xiz, en representación de Egeria.
A exposición, que estará en Viveiro ata o 9 de maio, está composta por 12 paneis roller de 2×1 metros, e nela faise un especial percorrido desde a fundación da Banda en 1873 ata o momento actual.
A BANDA DE PARADELA CUMPRE 150 ANOS
A Banda de Paradela celebrou en 2023 os seus primeiros 150 anos, con diversos actos e con esta exposición itinerante, que percorre a historia da Banda desde a súa fundación en 1873 ata o momento actual; desde o nacemento como “Banda de Barrido”, por xurdir na aldea do mesmo nome da parroquia de San Vicente de Paradela, ata a agrupación que na actualidade dirixe Martín Vázquez e preside a saxofonista Marisol Arias. Faise especial
fincapé nos músicos históricos que quedaron na memoria das xentes de Paradela, e da especial afección musical dos paradelenses, destacando a aldea de Barrido, onde había músicos en todas as casas.
Grazas ás informacións recollidas dos xornais La Idea Moderna, El Lucense, La Voz de la Verdad, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia e El Progreso, desde finais do século XIX, foi posible seguir a traxectoria desta Banda, que despois de Banda de Barrido foi Banda de Barrido-Farbán, para desaparecer a comezos dos anos sesenta pola emigración da maioría dos seus membros, e ser recuperada anos despois por músicos que volveron da emigración ou continuaron con actividades musicais na terra.
Destácanse nomes como Cándido López (impulsor da banda ao volver da emigración en Suiza), Pedro Rodríguez (director, que “tocaba todos os instrumentos”, e na súa memoria ten un pequeno museo na súa casa de Barrido), Ramiro Rodríguez (director, fusilado no tempo da Guerra Civil) e “Ramiriño” (o seu fillo, tamén director, que doou a batuta de director de seu pai e o clarinete que el tocaba, ao CENTRAD de Lugo).
Un panel está dedicado ao músico e director Lino de la Torre Barrio, fundador da orquestra Max 2000, que tocou no Circo Price, e durante dúas décadas foi director da Banda e Escola de Música. E noutro destácase ao músico máis veterano da Banda, Julio Varela, de 93 anos, que toca o bombo, e á máis nova, Sara Arias, de 11 anos, que toca a trompeta.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



