A moción defendida polo lucense José Manuel Balseiro si contou co voto a favor do PNV e da esquerda Confederal, entre outos
Madrid, 2 de abril de 2025. O PSOE quedou só Comisión de Pesca do Senado que tivo lugar esta tarde ao non apoiar a iniciativa do Partido Popular na para reforzar os equipos médicos do Instituto Social da Mariña (ISM).
O senador popular José Manuel Balseiro explicou que se trata “dunha moción na que se instaba ao Goberno de España a axilizar o proceso de selección de Médico de Sanidade Marítima e contratar de maneira urxente o persoal necesario para cubrir as necesidades dos mariñeiros nas comunidades autónomas costeiras”. A iniciativa tamén solicita “dotar ao ISM dos recursos materiais e tecnolóxicos necesarios para axilizar os recoñecementos médicos” ademais de “establecer un plan de continxencia que permita atender de maneira inmediata as necesidades dos mariñeiros mentres levan a cabo as contratacións e melloras necesarias”. Por último, ínstase o Goberno a “promover acordos de colaboración con outras institucións sanitarias para garantir a cobertura médica dos mariñeiros en caso de saturación do ISM”.
A falta de médicos no ISM “dificulta o enrolamento de tripulantes nos barcos galegos, unha problemática compartida por outras comunidades autónomas, especialmente do Cantábrico e en Andalucía”. Así, explica que, “no ISM se non hai médico, non hai certificado previo ao embarque, e uns mariñeiros ou, en casos máis graves, o barco enteiro pode quedar en terra, como acontece cando non se autoriza o embarque do patrón de pesca ou ao xefe de máquinas”.
A iniciativa popular recibiu o apoio dalgúns dos socios habituais do Goberno como PNV ou a Esquerda Confederal. Tamén votaron a favor VOX e Grupo Mixto, pero contou coa abstención do PSOE.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



