Luís Bará: “Sospeito que non nos van entregar os informes técnicos que xutifican esta decisión porque se trata dunha decisión política e non técnica”
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025. O deputado do BNG, Luís Bará acusou a Xunta de Rueda de bordear a prevaricación ambiental ao excluír da Estratexia Galega de Infraestrutura Verde a zona de amortecemento da Serra do Careón para beneficiar a Altri.
Trátase dunha zona que abarca os concellos de Palas, Santiso e Agolada, que coincide cos terreos onde pretende instalarse a macrocelulosa e que agora o Goberno de Rueda quere desprotexer a pesar de albergar hábitats e especies de interese prioritario e comunitario, e malia que en 2012 o propio Gobrno galego pedira a súa inclusión na Rede Natura 2000.
Segundo recordou Bará na súa exposición na Comisión 2ª, a dirección xeral de Patrimonio Natural da Xunta someteu en agosto de 2022 a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde a un proceso de información pública, co fin de promover a conectividade ecolóxica e a restauración dos ecosistemas galegos.
Con posterioridade, no Consello da Xunta do 7 de outubro de 2024, aprobouse o acordo relativo á Estratexia, que foi finalmente publicada no DOG o 10 de febreiro de 2025, cunha tardanza de catro meses que a Bará lle resultou “rechamante”; Ademais, subliñou o retraso de dous anos e medio desde que o documento se someteu a información pública en 2022, contendo varias modificacións significativas, destacando a exclusión da zona de amortecemento situada ao sudoeste da Serra do Careón.
Este “cambiazo chamativo” e “sospeitoso” no mapa que se aprobou de xeito definitivo é para o deputado nacionalista —e tamén para a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)— “moi “grave” e trátase ademais dun claro exemplo de “prevaricación ambiental”, pois a zona excluída coincide cos terreos nos que se pretende instalar a macrocelulosa de Altri-Greenfiber.
Criticou ante o director xeral do Istituto de Estudos do Territorio, Salvador Sánchez, que non lle fosen entregados os informes técnicos que xustifican esta modificación, tal e como pediu o BNG. “Sospeito que non nolos van dar porque non existen, porque é unha decisión política, non técnica, para beneficiar a Altri, coa que vostedes teñen un acordo secreto e unha estratexia común”, acusou.
A Serra do Careón, que fora proposta en 2012 pola Xunta de Galiza para a súa inclusión na Rede Natura 2000, alberga ecosistemas e especies de gran valor e é un espazo de referencia para a conservación da biodiversidade. Porén a proposta de ampliación foi desestimada e finalmente arquivada. “Alguén descubriu este “obstáculo importante na declaración de impacto ambiental do proxecto de Altri” e por iso a quitaron. “
Bará afeou ao PP que “na vez de protexer estes espazos, vostedes protexeron a Altri, a empresa portuguesa que quere destruír toda esta contorna, agredir o noso territorio e o noso País”, manifestou, engadindo que a Xunta de Rueda está facendo todo o posible por levalo a cabo, cambiando a estratexia da infraestrutura verde. “Branco e en botella, a isto chámaselle presunta prevaricación ambiental, que terá que resolver un tribunal de xustiza cando toque, pero vostedes, sendo conscientes de que hai unha zona que merece especial protección, sácana desa protección”, incidiu.
É por iso que o BNG esixía na súa iniciativa información sobre as alegacións que se presentaron en relación coa zona de amortecemento da Infraestrutura Verde situada ao sudoeste da ZEC Serra do Careón e sobre o informes técnicos xustifican a eliminación desta zona de amortecemento.
Luís Bará preguntou ademais se a Xunta considera que os hábitats e especies de interese comunitario e prioritario que alberga este espazo non merecen protección e polas previsións que ten o Goberno de Rueda en relación co Programa de accións e o Plan de seguimento e implementación da infraestrutura verde de Galiza.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



