O eurodeputado exemplifica coa factoría de Alcoa a necesidade de reimpulsar a industria electrointensiva propia

EP Plenary session – Energy-intensive industries
Bruxelas, 2 de abril, 2025. O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, advertiu hoxe que a seguridade europea está directamente ligada á capacidade industrial do continente, especialmente á produción estratéxica de materiais como o aluminio e o aceiro. “Non pode haber seguridade europea se non temos capacidade propia para producir estes metais”, afirmou durante unha intervención no pleno do Parlamento Europeo centrada nos desafíos da industria intensiva en enerxía.
González Casares puxo como exemplo o caso de Alcoa, en San Cibrao, onde a produción de aluminio está parada, reflectindo unha tendencia xeral preocupante: máis do 50% da capacidade de produción de aluminio primario está inactiva en Europa desde 2021. “Non é casualidade: o 40% do custo da produción de aluminio primario depende do prezo da electricidade. Sen enerxía estable, a prezo estable e accesible, non haberá aluminio competitivo en Europa”.
O eurodeputado advertiu das consecuencias desta situación: “Sen aluminio e aceiro europeos, non poderemos fabricar barcos, avións ou coches en Europa”. Por iso, subliñou que unha das premisas fundamentais para recuperar e manter esta capacidade industrial é avanzar na transición enerxética baseada nas renovables. “Aqueles que din sempre non ás renovables tamén están dicindo non a ter unha industria competitiva para o aceiro ou o aluminio en Europa”.
O socialista puxo en valor o potencial que ten Galicia, aludindo especificamente á comarca da Mariña con Alcoa á cabeza, para liderar a recuperación da tan necesaria capacidade industrial. “O papel que pode xogar a provincia de Lugo no liderado industrial é importantísimo, apoiémolo”, engadiu.
“Protexer a nosa industria é tamén protexer a nosa seguridade e a nosa capacidade de decisión. Iso pasa por enerxía limpa, prezos xustos e políticas industriais valentes. A transición enerxética xusta cara ás renovables e á competitividade son dúas caras da mesma moeda. Calquera volta atrás será un erro garrafal, tamén para estas industrias”, incidiu.
Ademais, González Casares defendeu a necesidade de desacoplar os prezos da electricidade dos prezos do gas, apostar decididamente polos contratos por diferenza (CfD) e os contratos de compra de enerxía bilaterais (PPA) que achegan estabilidade ao sector, e reforzar o papel do mecanismo de axuste en fronteira (CBAM) e as salvagardas industriais. Neste sentido, advertiu das ameazas externas, como os novos aranceis anunciados por Donald Trump nos Estados Unidos, “que tanto aplaude a ultradereita europea”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



