O Tribunal Xeral da UE anunciou que a Sentenza do recurso presentado polo Reino de España e a OPP Burela farase pública en audiencia o día 11 de xuño a partir das 09:30h.
Burela, 30 de abril, 2025. O Estado Español e a Organización de Produtores Pesqueiros de Burela, coa Xunta de Galicia como coadxuvante, xunto a 16 empresas armadoras que agrupan a 21 buques palangreiros, presentou o 13 de decembro de 2022 un Recurso contra a Comisión Europea polas vedas para a pesca en 87 áreas. A vista oral celebrouse o 4 de xullo de 2024 en Luxemburgo na sala do Tribunal Europeo. Leste mesmo Tribunal anuncia agora que os seus entencia farase pública en audiencia o día 11 de xuño a partir das 09:30h.
Os principais argumentos do Recurso da OPP teñen que ver cun impacto desproporcionado dos peches decretados no Regulamento de Execución 2022/1614 e o peche de 87 áreas en augas europeas, que entrou en vigor o 9 de outubro de 2022, tras un proceso de aprobación que consideramos non foi o adecuado. Ademais, non existen datos nin de impacto real por artes de pesca nos fondos con posibles Ecosistemas Mariños Vulnerables (VMEs) a protexer, nin do impacto socioeconómico pola aprobación deste Regulamento nas frotas e zonas afectadas.
Os peches decretados neste Regulamento de execución supoñen 16.544 km2 en zonas entre 400 e 800 m de profundidade, pero unha demostración da súa desproporción é que realmente as zonas con posibles VMEs a protexer é o 32% desa superficie (uns 5.200 kms) mentres o outro 68% (11.300 km2) é simplemente como zona de protección ao aplicar o modelo do arrastre a todas as pesqueiras.
En canto ás expectativas dos armadores, o representante de OPP Burela di que “estamos convencidos de que tenemos la razón con las cuestiones técnicas de la pesca del palangre a la merluza y que la Comisión Europea no ha tenido en cuenta la falta de datos científicos ni técnicos de esta pesquería y que deberíamos conseguir una sentencia favorable. Cuando se da un proceso de este tipo, no se trata de ganar o perder, porque ya hemos perdido todos: la Comisión su credibilidad y los armadores su viabilidad económica”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



