Montse Valcárcel urxe á Xunta declarar de utilidade pública os tratamentos en áreas estratéxicas de Pinus radiata afectados polas enfermidades das bandas
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025. A deputada Montse Valcárcel acusou o Goberno de Rueda de non actuar a tempo e frear o avance da enfermidade das bandas marrón e vermella nos piñeiros galegos, unha praga fúnxica que está a provocar unha recesión alarmante desta especie, sobre todo da variedade Pinus radiata.
A inacción da Xunta ten para a portavoz de Montes do BNG unha clara intención de favorecer a proliferación de eucalipto en Galiza. E fíxoo transmitíndolle o que as empresas de servizos forestais lles están recomendando aos propietarios de montes, aproveitando que está a rematar a moratoria para plantar eucaliptos, dicíndolles que esperen e que planten despois eucaliptos. “Isto é de hai 50 anos, acusando o PP de seguir no pasado porque “o eucalipto como alternativa para todo” non é o camiño.
Valcárcel preguntoulle ao director xeral de ordenación e planificación forestal, Xosé Luís Chan, se a Administración vai compensar esta tardanza con axudas aos propietarios cuxas repoboacións novas foron arrasadas pola praga. Reclama así mesmo declarar a utilidade pública dos tratamentos en áreas estratéxicas de piñeirais de Pinus radiata afectados polas enfermidades das bandas, de xeito que sexa posible o acceso e actuación da Administración en predios privados, por causas de interese xeral, nesta primavera do 2025.
A supervivencia desta especie de piñeiro está en risco tanto pola enfermidade da banda das acículas, tanto a vermella como a marrón —a máis agresiva—, que provoca defoliación, debilitamento e a morte das árbores, e cuxa propagación se está a acelerar pola densidade excesiva dos montes en Galiza, polo que é “moi aconsellable o tratamento preventivo”, apuntou a deputada.
Valcárcel apuntou como posible solución a aposta por alternativas como o piñeiro taeda (resistente á banda e ao nematodo), cuxa adaptación aos diferentes climas e tipos de terreo que hai en Galicia está a ser estudada no Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Tamén reclamou á Xunta do PP un plan integral que combine tratamentos fitosanitarios, axudas á repoboación e investigación para especies resistentes.
Valcárcel advirte que, de non utilizarse tratamentos fitosanitarios (como o óxido cuproso ou o caldo bordelés), a praga “terá consecuencias máis graves sobre perda destas masas forestais e a xestión asociada a elas”. Malia que en anos anteriores a Xunta sacou unha liña de axudas que cubría ata o 80% do custo, a “súa complexa tramitación desanimou a moitos propietarios forestais a solicitala”, lamentou.
Impacto económico e ambiental
Segundo datos do Inventario Forestal Continuo de Galicia, nos últimos 15 anos perdéronse 140.000 hectáreas de piñeiral (9.300 hectáreas/ano), unha tendencia agravada pola expansión do eucalipto nitens, os incendios e, sobre todo, polo impacto crecente desta enfermidade. A praga, que xa afectou gravemente o País Vasco e a cornixa cantábrica en 2018, esténdese agora por zonas de Lugo (A Fonsagrada, Baleira, a Terra Chá, A Mariña, ou na Serra da Capelada en Cedeira) e ameaza con reducir a metade a produción galega de coníferas.
Todos os actores do sector coinciden en que a enfermidade fúnxica da banda marrón, que afecta ó piñeiro radiata, leva a que moitos propietarios de montes estean a rexeitar a plantación desta especie, xa que non hai certeza de que vaia ser rendible, e prefiren agardar para ver que outras opcións teñen nas súas parcelas. Esta situación, advertiu Valcárcel, pode levar á perda de boa parte da produción de piñeiro, pois o radiata representa na actualidade arredor da metade de cortas de coníferas en Galicia.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



