Cervo, 4 de xullo de 2025. Desde o Bloque Nacionalista Galego en Cervo manifestan a súa profunda indignación ante a negativa da alcaldesa do Partido Popular, Dolores García, a tratar e apoiar a moción de urxencia presentada polo seu grupo municipal no pleno celebrado este xoves e na que se instaba á Xunta de Galicia a tomar medidas urxentes para garantir a continuidade da actividade produtiva e a protección do patrimonio cultural e industrial da fábrica de Sargadelos.
Desde o Partido Popular, pasividade institucional
“A decisión do administrador único de pechar a planta de fabricación en Cervo constitúe un atentado directo contra a nosa historia, a nosa identidade e o futuro económico do noso concello. Ante esta situación de emerxencia, agardabamos unha resposta unánime e firme por parte do pleno municipal. Polo contrario, a alcaldesa preferiu situarse do lado da pasividade e do abandono institucional, negándose a apoiar unha iniciativa que tiña como único obxectivo defender un símbolo fundamental da nosa terra e do noso concello” afirmou o portavoz municipal Diego Fernández Martínez.
O edil nacionalista manifestou tamén que “resulta incomprensible que, ante un golpe tan duro para o emprego e o tecido social cervense, o Partido Popular opte por mirar cara outro lado. A fábrica de Sargadelos non é só unha empresa; é un emblema da cultura galega, un patrimonio que pertence a todas e todos nós, e que merece ser protexido con decisión e valentía”
A Xunta e o Concello tenen que actuar
“Desde o BNG seguiremos traballando, dentro e fóra do Concello, para que a Xunta de Galicia asuma a súa responsabilidade e actúe de inmediato para evitar o desmantelamento de Sargadelos. Non imos permitir que se perda unha peza clave da nosa memoria colectiva nin que se condene a nosa veciñanza a máis paro e máis despoboamento”.
“Facemos un chamamento á cidadanía a mobilizarse en defensa de Sargadelos, e esiximos á alcaldesa que rectifique, abandone o seguidismo partidista e se poña do lado do pobo de Cervo”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



